Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de xullo de 2021

    Xosé Lluis García Arias, antigo catedrático da Universidade de Oviedo, completa o seu “Diccionariu Etimolóxicu de la Llingua Asturiana” cun sexto tomo e afirma que é unha gran satisfacción colaborar para que a lingua de Asturias teña peso propio no conxunto cultural europeo.

    Fonte: La Nueva España

    30 de xullo de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación da obra A conxura, coa que Diana Varela Puñal se fixo coa quinta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta.

    29 de xullo de 2021

    A Xunta de Galicia presentou o primeiro Dicionario galego-ruso nunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o autor, Aleksandr Dziuba, profesor e auxiliar de conversa na Escola Oficial de Idiomas da Coruña.

    29 de xullo de 2021

    O Departamento de Cultura amplía con 2 950 000 euros as axudas para a dobraxe e o subtitulado en catalán de longametraxes que se estrean no cine, a dobraxe de longametraxes e o subtitulado de series para a súa distribución en plataformas dixitais e en soporte físico e o subtitulado de produtos de festivais e mostras audiovisuais en Cataluña.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    29 de xullo de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da obra Vedra, unha historia visual, de Henrique Neira Pereira.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de xullo de 2021

    O obxectivo do convenio de colaboración é proporcionarlles asistencia técnica ás entidades locais vinculadas á Asociación de Municipios Vascos no ámbito da onomástica, especialmente en consultas relacionadas cos nomes das rúas e outras vías.

    Fonte: Deia

    29 de xullo de 2021

    Co gallo da celebración o 25 de xullo do Día da Patria Galega, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha unha iniciativa nas redes sociais: o certame audiovisual Galeguizando TikTok no que poden participar vídeos en galego que teñan como temática esta festividade.  

    Fonte: Código Cero

    29 de xullo de 2021

    A iniciativa #FainoEnGalego, iniciada na rede social Twitter, demanda que os clubs deportivos de Galicia empreguen a lingua galega nas canles oficiais. O obxectivo desta campaña é que este idioma teña maior visibilidade, principalmente, entre a xente nova.

    29 de xullo de 2021

    As localidades sardas de Ussaramana e Villanovaforru albergarán 'Arrexini', o primeiro festival de lingua e cultura sardas. O acto analizará o uso da lingua sarda a nivel institucional.

    Fonte: Sardiniapost

    28 de xullo de 2021

    O portal de noticias en lingua tibetana Tibet Rooster foi clausurado ante o medo de que o Goberno da China tome medidas drásticas e represalias contra os seus lectores. O xornal contaba cunha ampla cobertura tanto no Tíbet como na diáspora.

    Fonte: Phayul

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder