Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de xullo de 2021

    Katie Rowley, unha muller xorda de 36 anos, gañou o proceso xudicial que iniciara tras demandar o Goberno británico pola falta de interpretación en lingua de signos nas sesións informativas sobre a covid-19.

    Fonte: BBC

    28 de xullo de 2021

    A Dirección Xeral de Política Lingüística inicia de novo a campaña “Benvinguts!” para transmitir a realidade lingüística de Baleares e acercar o catalán ás persoas que visitan o arquipélago.

    Fonte: 20 minutos

    28 de xullo de 2021

    O Departamento de Cultura reforza o seu apoio á tradución de obras literarias ao catalán ou ao occitano e á tradución de obras non literarias ao catalán. As subvencións van dirixidas ás empresas editoriais e ás entidades editoriais sen ánimo de lucro privadas.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    28 de xullo de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da obra Un Camiño de cine Xacobeo, na que a xornalista galega Pilar Falcón recompila máis de medio cento de pezas audiovisuais que xiran arredor do Camiño de Santiago e do Ano Santo compostelán, desde 1950 ata a actualidade.

    27 de xullo de 2021

    A Academia Brasileira de Letras actualizou o Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa con mil novos termos.

    Fonte: Estado de Minas

    27 de xullo de 2021

    Os Premios Rosalía de Castro, que convoca a Deputación da Coruña, foron na edición deste ano para Xaquín Marín, Agrupación Astronómica Ío e Twitter en Galego, dos que se destacou o seu compromiso coa lingua galega.

    Fonte: Deputación da Coruña

    27 de xullo de 2021

    O curso Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística, organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, desenvolverase en Santiago de Compostela os días 27 de setembro e 4 de outubro e será impartido por Ana González Quinteiro.

    Fonte: CTNL

    27 de xullo de 2021

    O Consorcio para a Normalización Lingüística está colaborando coa cadea de supermercados Bonpreu nesta campaña que busca a participación da súa clientela nas redes sociais para compartir as variedades dialectais de determinados produtos da súa zona xeográfica a través dun sorteo. A campaña tamén se aplicará nos seus establecementos, nas etiquetas dos produtos e no tícket da compra.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    27 de xullo de 2021

    O Concello de Pamplona convoca o Concurso literario en éuscaro para autoría novel nas modalidades de poesía e narración, co obxectivo de fomentar a creación literaria nesta lingua e animar a persoas que nunca escribiron a que o fagan por primeira vez.

    Fonte: Diario de Navarra

    27 de xullo de 2021

    O Goberno do País de Gales sufragará con 250 000 libras a adquisición e desenvolvemento lingüístico na infancia.

    Fonte: North Wales Chronicle

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder