Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de agosto de 2021

    O Concello de Vitoria e a Deputación de Áraba renovan o seu convenio de colaboración para seguir traballando na promoción do éuscaro durante catro anos máis, cunha achega de 75 000 euros ao ano.

    Fonte: Noticias de Álava

    02 de agosto de 2021

    Un programa do Goberno británico introducirá o ensino do latín en 40 escolas de ensino secundario de Inglaterra. De acordo con datos do British Council, só un 3 % dos centros públicos de educación secundaria ofertan esta materia fronte a un 49 % das escolas privadas.

    Fonte: The Guardian

     

    02 de agosto de 2021

    Vinte e nove comunas locais de Iparralde adoptaron xa a carta local a favor do éuscaro coa que pretenden desenvolver iniciativas de promoción e protección deste idioma no ámbito municipal.

    Fonte: Mediabask

    02 de agosto de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou unha nova edición do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2021, que por décimo ano consecutivo chega aos concellos e entidades adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia con máis de 180 pases e 30 actividades.

    02 de agosto de 2021

    A Xunta de Galicia vén de convocar 11 bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A Consellería de Cultura reafirma con esta convocatoria o seu compromiso coa investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua galega.

    02 de agosto de 2021

    Os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García, participaron en Santiago de Compostela na inauguración da mostra da Xunta en homenaxe a Xela Arias Tigres coma cabalos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    30 de xullo de 2021

    O Goberno de Ruanda quere introducir un ambicioso currículo de necesidades especiais que establece o ensino do braille e a lingua de signos nas escolas públicas do país africano.

    Fonte: All Africa 

    30 de xullo de 2021

    O Goberno do Canadá financiará as actividades de once organizacións que apoian a promoción das linguas oficiais canadenses na provincia de Columbia Británica.

    Fonte: Newswire

    30 de xullo de 2021

    Unha campaña de odio nas redes sociais obrigou a unha escola infantil de inmersión en gaélico irlandés en Belfast a buscar unha nova localización. A escola ía a ser o primeiro centro das súas características nun barrio do leste da capital norteirlandesa.

    Fonte: The Irish Times

    30 de xullo de 2021

    A revista vasca Hermes recolleu no seu último número as oportunidades e os retos que terá o éuscaro en diferentes ámbitos no futuro. O obxectivo desta publicación é estudar as tendencias de futuro en relación coa súa utilización para que se teñan en conta no proceso de revitalización desta lingua.

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder