Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de agosto de 2021

    O obxectivo desta convocatoria anual é fomentar a presenza da lingua catalá nos medios de comunicación social das illas e facer crecer a oferta de medios na lingua propia da comunidade autónoma. Poderán beneficiarse das axudas as publicacións de prensa diaria, local, de temática especializada e as emisións de radios e televisións.

    Fonte: Noudiari

    07 de agosto de 2021

    O Congreso dos Deputados de Bolivia aprobou un proxecto de lei que garante políticas orientadas a revitalizar, preservar e difundir as linguas orixinarias do país. 

    Fonte: El Diario

    06 de agosto de 2021

    Recentemente multinacionais foráneas compraron terreos para a plantación extensiva de árbores no País de Gales. Aínda que a reforestación pode contrarrestar a emisión de gases contaminantes á atmosfera, algúns produtores locais alertan que tamén pode supor un risco para a cultura e lingua locais.

    Fonte: BBC

    06 de agosto de 2021

    As axudas van dirixidas ás persoas adultas, con especial atención a pais, comerciantes e xente desempregada, que poderán recibir ata 571 euros para os seus estudos.

    Fonte: Barakaldo Digital

    06 de agosto de 2021

    Un estudo da Universidade de Helsinqui revelou que aprender linguas estranxeiras pode alterar e mellorar a maneira en que o noso cerebro procesa os sons e os contidos musicais.

    Fonte: Technology Networks

    06 de agosto de 2021

    A Dirección Xeral de Política Lingüística organiza, coa colaboración doutras institucións e entidades, os concertos “Treu la llengua” que se levarán a cabo este verán nas catro illas de Baleares co obxectivo de poñer en valor a importancia da lingua catalá.

    Fonte: Diario Alerta

    06 de agosto de 2021

    A organización a prol da lingua galesa Cych yr Iaith alertou que a recente declaración dunha canteira de lousa no municipio galés de Gwynedd como patrimonio mundial da Unesco podería supor un problema para a preservación da comunidade local de falantes de galés.

    Fonte: Nation Cymru 

    05 de agosto de 2021

    A Xunta de Galicia incide no valor paisaxístico, cultural e lingüístico da Ribeira Sacra por medio do documental audiovisual A verba viva, que presentou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado pola directora da peza, Lorena Gallardo.

    05 de agosto de 2021

    Son catro as obras seleccionadas como finalistas do IV Premio Nel Amaro de teatro profesional en asturiano ou galego-asturiano que se convoca co obxectivo de apoiar e prestixiar estas dúas linguas no ámbito da arte dramática.

    Fonte: La Voz de Asturias

    05 de agosto de 2021

    A asociación Galtzaundi Euskara Taldea iniciou esta investigación para estudar a evolución do éuscaro ao longo dos últimos séculos en Tolosaldea e coñecer a propia historia da comarca. O proxecto levarase a cabo durante tres anos e dividirase en tres fases diferentes.

    Fonte: Tolosako Udala

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder