Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de agosto de 2021

    A Xunta de Galicia vén de conceder axudas para o libro galego, dirixidas á tradución, a 132 proxectos impulsados por un total de 33 entidades. Este ano esta convocatoria pasa a sufragar os gastos de tradución, cun orzamento de 200 000 €. A maiores, o pasado 2 de xullo convocouse outra liña de subvencións dirixidas á edición, comercialización e distribución do libro, tamén cun orzamento de 200 000 €.

    13 de agosto de 2021

    A lingua asturiana está presente, na actual edición da Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA) que se celebra ata o 22 de agosto, no pavillón do Goberno asturiano e nos postos de varios concellos.  

    Fonte: Asturies.com

    13 de agosto de 2021

    Malia que o español segue a ser a lingua máis demandada para o primeiro nivel, a demanda de irlandés está incrementándose e xa supera o francés como segundo idioma máis solicitado.  

    Fonte: Objetivo Famosos

    13 de agosto de 2021

    A polémica suscitada arredor do uso da linguaxe inclusiva podería levar a Suíza a convocar un referendo. Neste sentido, o país helvético vai por diante de Francia e xa desde a década dos 90, a Administración promove o emprego do xénero neutro nas súas tres principais linguas (alemán, francés e italiano).

    Fonte: El Mundo

    13 de agosto de 2021

    A localidade uruguaia de San Javier, fundada hai 108 anos por inmigrantes rusos, conta con 1700 habitantes, dos cales un 60 % son descendestes destes primeiros poboadores. Estes conservan as súas tradicións culturais e gastronómicas, pero o idioma estase a perder.

    12 de agosto de 2021

    Elebide, o Servizo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos do Goberno vasco, rexistrou 246 incidencias no ano 2020, 52 máis con respecto a 2019. Un total de 194 queixas corresponde a vulneracións de dereitos de persoas que falan éuscaro.

    Fonte: Gobierno vasco

    12 de agosto de 2021

    Os Premios Alecrín de Ouro 2021, que concede a Federación Galega de Entidades Culturais de Cataluña (Fegalcat), distinguen persoas ou proxectos destacados en diferentes ámbitos da cultura galega. Na gala de entrega deste ano, celebrada en Lalín, salientouse que o galego é a terceira lingua máis falada en Cataluña, despois do catalán e o castelán.

    12 de agosto de 2021

    Este evento en liña, organizado por Global Voices e First Languages Australia, co apoio da Embaixada da Australia en México, celebrouse o pasado 13 de xullo e nel activistas de linguas indíxenas compartiron as súas estratexias en relación coas linguas destes dous países, que son dos que posúen máis diversidade lingüística do planeta.

    11 de agosto de 2021

    O Goberno de Oaxaca asinou dous acordos co Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali), a Secretaría de Cultura Federal e autoridades municipais de 19 pobos chocholtecos co obxectivo de preservar, revitalizar e desenvolver a identidade cultural e lingüística da nación chocholteca -Ngigua/Ngiba-.

    11 de agosto de 2021

    O Ministerio de Educación propón inculcar un maior coñecemento sobre a diversidade lingüística e familiarizar o alumnado de Primaria coa realidade plurilingüe e multicultural do país, así como cos valores comunitarios, na aplicación da lei Celaá.

    Fonte: El Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder