Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de agosto de 2021

    A lei municipal n.º 7942 garántelle ao alumnado das escolas de Criciúma o dereito á aprendizaxe da lingua portuguesa. Así mesmo, inclúe a prohibición da linguaxe neutra nos plans de estudo e o material didáctico dos centros educativos públicos e privados.

    Fonte: Notisul

    23 de agosto de 2021

    Un dos obxectivos do Carballo Interplay é fomentar a creación dixital en galego, para o que conta cun premio específico para proxectos de serie nesta lingua cuxo gañador recibirá 3000 euros para a creación dos tres primeiros capítulos. Este ano as candidatas son estas catro comedias: Pulp Air, Pringadas, Non son a túa avoa e Trela, Clínica de suicidios.

    20 de agosto de 2021

    O Concello de Lizoáin-Arriasgoiti e o artesán Félix Lizarraga colaboran para homenaxear todas as persoas que traballan por conservar o éuscaro no municipio coa creación da figura dun ferreiro que forxa esta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    20 de agosto de 2021

    En Bolivia hai 36 linguas indíxenas recoñecidas na Nova Constitución Política do Estado e grazas ao plan de rescate para a súa recuperación tradúcense os alfabetos orixinarios en dicionarios e créanse institutos para revitalizalas.

    Fonte: La Razón

    20 de agosto de 2021

    A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada convoca a 26ª edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, que recibirá o mellor traballo ou serie de traballos publicados en galego en calquera medio de comunicación escrito.

    Fonte: Faro de Vigo

    20 de agosto de 2021

    Na preselección das cen candidaturas para representar a España en Eurovisión no ano 2022 figuran catro galegas: Sen Senra, Baiuca, Verto e Tanxugueiras. Os dous últimos interpretan as súas cancións en galego, mentres que no caso de Baiuca, o seu tema mestura esta lingua co castelán.

    Fonte: Faro de Vigo

    19 de agosto de 2021

    Os novos estatutos engaden o uso do castelán e do éuscaro como linguas propias do Club Atlético Osasuna, que fomentará e apoiará o seu ensino a todos os empregados ou empregadas e deportistas.

    Fonte: Noticias de Navarra

    19 de agosto de 2021

    Trátase do programa Euskarabide que se porá en marcha a partir de setembro co obxectivo de que os mozos e as mozas participantes se comuniquen en éuscaro durante actividades de ocio e deportivas.

    Fonte: Noticias de Álava

    19 de agosto de 2021

    O Diario Oficial de Galicia do 17 de agosto de 2021 publicou a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

    Fonte: DOG

    19 de agosto de 2021

    A asociación Scola Corsa pretende abrir dúas escolas de inmersión en corso na rexión de Bastia. O obxectivo é que o alumnado aprenda esta lingua mediante o seu uso en todas as actividades do centro, dende o comedor ata as actividades deportivas.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder