Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de agosto de 2021

    Como cada 25 de agosto Paraguai celebra o Día do Idioma Guaraní coa organización de actividades ao abeiro da oitava edición da campaña “Rohayhu che ñe’ẽ”, unha iniciativa coa que se pretende poñer en valor esta lingua.

    Fonte: Muni Py

    25 de agosto de 2021

    Os Premios á calidade lingüística en galego teñen como obxectivo impulsar o uso desta lingua ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    24 de agosto de 2021

    A guía, que ten o título de Tutorial per afegir el català als videojocs, explica as vantaxes de introducir a lingua catalá nos videoxogos e enviarase a todos os estudos e creadores destes produtos dos territorios de dominio lingüístico catalán, así como a escolas e centros formativos con esta materia.

    Fonte: Plataforma per la Llengua
     

    24 de agosto de 2021

    O alumnado do internado en Lazkao asiste durante dúas semanas aos cursos intensivos impartidos desde 1975 para aprender éuscaro.

    Fonte: Deia

    24 de agosto de 2021

    O Parlamento venezolano aprobou por unanimidade a reforma parcial da Lei de idiomas indíxenas, que recolle as novas competencias do Instituto Nacional de Idiomas Indíxenas (INII) e establece os requirimentos para traducir e interpretar a Constitución do país. O obxectivo desta reforma é contar con ferramentas xurídicas que garantan a permanencia das linguas dos pobos orixinarios.

    24 de agosto de 2021

    Persoal investigador da Universidade de Zürich realizou un estudo no que rastrearon once familias lingüísticas relacionadas durante máis de 10 000 anos. Unha das conclusións máis destacadas da investigación é que a gramática é un espello da evolución cultural e xenética do ser humano e, polo tanto, reflicte a xenética máis que calquera outra característica cultural.

    24 de agosto de 2021

    A Xunta de Galicia vén de conceder as axudas á edición de recursos didácticos curriculares en galego, destinadas a un total de 55 proxectos de empresas do sector editorial. A convocatoria está dotada con 200 000 euros para impulsar o uso do galego no ensino regrado non universitario.

    23 de agosto de 2021

    O sector audiovisual catalán busca protexer a lingua e a cultura catalás e critica que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que prepara o Goberno español non garante a oferta nas linguas cooficiais nin considera investir na produción independente local.

    Fonte: Coffeesp

    23 de agosto de 2021

    A última enquisa de usos lingüísticos da poboación realizada en 2018 e impulsada pola Generalitat indica que un total de 1,3 millóns de habitantes de Barcelona entende, coñece, fala e le en catalán.

    Fonte: Metrópoli

    23 de agosto de 2021

    Unha semana despois da convocatoria electoral, os catro principais partidos políticos de Ottawa discuten sobre quen defende máis a lingua francesa.  

    Fonte: Le Journal de Montréal

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder