Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de agosto de 2021

    Entidades responsables do ensino do gaélico irlandés revelaron datos que confirman que o ensino de inmersión nesta lingua se estancou no territorio da República de Irlanda mentres que en Irlanda do Norte experimentou un pequeno ascenso.

    Fonte: The Times

    30 de agosto de 2021

    Segundo un informe elaborado por unha axencia de marketing, a lingua turca ocuparía o cuarto lugar do mundo en creación de contido en internet.

    Fonte: Daily News

    30 de agosto de 2021

    Defenden o cambio da denominación do galego-asturiano pola de fala eonaviega ou eonaviego porque, segundo un informe da Academia da Lingua Asturiana, o termo actual non conecta co sentimento popular das persoas da zona.

    Fonte: La Nueva España

    30 de agosto de 2021

    Os datos mostran que a oferta de prazas en éuscaro do Concello de Pamplona é escasa e desequilibrada entre os barrios da cidade, xa que a demanda nesta lingua foi dun 40,77 % nos barrios que si se ofreceu.

    Fonte: Noticias de Navarra

    30 de agosto de 2021

    O Concello de Moaña e a Lonxa Literaria convocan a segunda edición do Certame de Relato Curto en Igualdade. A obra gañadora, que recibirá un premio de 300 euros, non pode exceder os 3000 caracteres e ten que estar escrita en galego.

    Fonte: Faro de Vigo

    30 de agosto de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu ao concerto “A Rapa das Bestas” que a Banda de Música Municipal da Estrada realizou ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    30 de agosto de 2021

    O alcalde de Helsinqui, Juhana Vartiainen, declarou que a capital de Finlandia podería en breve considerarse unha cidade "de fala inglesa" co propósito de convertela nun lugar máis atractivo para profesionais estranxeiros.

    Fonte: YLE

    28 de agosto de 2021

    O proxecto de investigación "Decolonise Science" permitirá estender o uso da terminoloxía científica nas linguas de África por medio da tradución de artigos científicos a seis idiomas africanos falados en países diferentes.

    Fonte: Nature

    27 de agosto de 2021

    Un bo número de viaxeiros galegos non puido voar ao Reino Unido pola negativa deste país de aceptar probas ou documentación sobre a covid-19 en lingua galega. 

    Fonte: Praza Pública

    27 de agosto de 2021

    A canle de divulgación científica Balea Vermella e PuntoGal asinaron un convenio de colaboración polo que a entidade que xestiona o dominio galego patrocinará o programa semanal en Twitch no que ofrecen ciencia en lingua galega.

    Fonte: Galicia Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder