Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de setembro de 2021

    Os promotores da Ruta Pompeu Fabra e a Associació d’Amics de la Vall de Caboet organizan a saída “Ruta dels orígens de la llengua catalana” ás localidades de Cabó, Organyà e Seu d’Urgell para coñecer algúns dos primeiros documentos escritos en catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    01 de setembro de 2021

    A organización presentou unha reclamación perante a Oficina de Dereitos Lingüísticos da Generalitat Valenciana e o Concello de Benaguasil para que o consistorio inclúa o valenciano na rotulación urbana, na súa páxina web, redes sociais e canles de información e atención á cidadanía.

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    01 de setembro de 2021

    O Goberno de Taiwán lanzou unha nova plataforma de noticias en lingua inglesa, Taiwan+, co fin de dotar a provincia autónoma chinesa de maior voz no panorama internacional.

    Fonte: Reuters

    01 de setembro de 2021

    A Xunta de Galicia impulsa o ciclo Novas Músicas en Galego que se enmarca no Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22, o festival que se celebra desde mediados de xullo no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, e que acolle o venres 3 de setembro as actuacións en galego de Mounqup e Saya DJ.

    01 de setembro de 2021

    Un estudo elaborado na Universidade de California en San Francisco revelou por que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira é tan difícil na idade adulta. A clave parece estar na plasticidade e estabilidade do noso cerebro.

    Fonte: University of California San Francisco

    31 de agosto de 2021

    A República Moldova organizou diferentes actos para celebrar o Día da Lingua Romanesa, efeméride que conmemora a reintrodución do alfabeto latino despois da dominación soviética.

    Fonte: Balkan Insight

    31 de agosto de 2021

    A Consellería de Igualdade e Políticas Inclusivas pon á disposición do persoal da administración valenciana unha aplicación informática que detecta a linguaxe sexista que pode conter un texto e que propón algunhas alternativas adecuadas para a súa corrección.

    Fonte: Levante-EMV

    31 de agosto de 2021

    O Departamento de Relacións Cidadás e o Instituto Navarro do Éuscaro organizan a súa campaña anual para difundir as oportunidades que proporciona a aprendizaxe do éuscaro entre a xuventude e ofertan unha serie de axudas para o estudo desta lingua.

    Fonte: Gobierno de Navarra

    31 de agosto de 2021

    O Concello de Carballo publica as bases da convocatoria para a provisión como funcionario de carreira dunha praza de técnico/a de normalización lingüística mediante o sistema de concurso-oposición.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    31 de agosto de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Pazo de San Roque Des-enfocar Fisterra, unha iniciativa de Cooperativa Performa impulsada polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 en colaboración co Concello de Fisterra.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder