Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de setembro de 2021

    O Concello concédelles subvencións polo valor de 38 000 euros aos centros de ensino da lingua vasca para que organicen cursos gratuítos dirixidos a persoas desempregadas do ano 2021.

    Fonte: Diario Vasco

    03 de setembro de 2021

    Co obxectivo de cambiar a complicada situación do catalán no ámbito do deporte, Plataforma pola Lingua consegue que os ximnasios máis populares, como Holmes Place, Metropolitan ou YogaOne, incorporen esta lingua na súa páxina web.

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    03 de setembro de 2021

    Este galardón, que convoca a AGPTI, ten como obxectivo recoñecer o labor de empresas, entidades ou persoas que contribúen ao fomento do uso do galego no mercado da tradución e da interpretación.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou á xornalista lalinense Inma Vilariño na presentación compostelá da súa ópera prima, O Naranxo no Trasmudo, que sae do prelo de Edicións Fervenza, coa colaboración da Xunta de Galicia, entre outras entidades.

    02 de setembro de 2021

    O proxecto científico-artístico O soño musical dos corpos celestes, impulsado polo ArtLab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) estréase o vindeiro 7 de setembro no compostelán colexio de Fonseca co apoio da Xunta de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Concello de Santiago.

    02 de setembro de 2021

    A Dirección Xeral de Política Lingüística e Turismo do Goberno de Aragón presenta a actual proposta do dicionario, que conta cun novo deseño da interface, a reprodución vocal de cada termo e a incorporación de 1291 entradas máis na dirección aragonés-castelán.

    Fonte: Heraldo

    02 de setembro de 2021

    A institución pídelle ao Goberno balear que poña en marcha un plan de choque na sanidade pública para garantir que os usuarios se expresan libremente despois das denuncias xurdidas este verán.

    Fonte: Diario de Mallorca

    02 de setembro de 2021

    O premio que se entrega cada ano nas Xornadas de Sanxenxo na Historia foi nesta edición para Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, pola súa implicación coa cultura local.

    Fonte: Pontevedra Viva

    02 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nunha das primeiras actividades do Festival de Cans coa inauguración da rúa efémera de Pilar Pereira, de quen destacou que foi “unha das imprescindibles no proceso de normalización lingüística desde o sector audiovisual e desde o teatro”.

    01 de setembro de 2021

    Investigadores da Escola Superior de Tecnoloxía e Xestión (ESTG) do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC) crean unha plataforma dixital de interpretación de lingua de signos portuguesa para axilizar a comunicación entre a poboación xorda e a comunidade ouvinte.

    Fonte: O Minho 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder