Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de setembro de 2021

    O Ministerio de Asuntos Exteriores de Portugal anunciou que o Estado portugués asinou a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa que ten como fin a protección e promoción das linguas históricas de Europa.

    Fonte: Público

    08 de setembro de 2021

    O Concello de Bilbao puxo en marcha unha campaña que, baixo o lema 'Euskaraz Gehiago Gara', busca impulsar a matriculación nos euskaltegis da cidade durante o curso 2021-2022.

    Fonte: El Diario

    08 de setembro de 2021

    A Universidade de Vigo convoca as axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento, así como os premios á calidade lingüística nos TFG e TFM co obxectivo de aumentar o uso desta lingua nas tarefas investigadoras e premiar o esforzo e o rigor de lle dar un tratamento coidado ao idioma.

    Fonte: Universidade de Vigo

    08 de setembro de 2021

    A edición deste ano da Mostra de Venecia amosará a riqueza lingüística do cine español. Así, proxectarase unha longametraxe filmada en galego, Eles transportan a morte; o éuscaro estará presente por primeira vez grazas á curta Heltzear; e o catalán escoitarase no filme Tres.

    Fonte: El País

    07 de setembro de 2021

    O achado dun esqueleto en excelente estado de conservación e unha inscrición en grego en Pompeia confirma que a lingua grega era usada ao mesmo tempo co latín na cidade italiana. 

    Fonte: NBC2

    07 de setembro de 2021

    As autoridades chinesas arrestaron dúas mulleres e oito monxes no Tíbet por ensinaren a lingua tibetana na aldea de Wonpo.

    Fonte: The Tibet Post

    07 de setembro de 2021

    O Estado portugués asumirá a xestión total da Escola Portuguesa de Luanda - Centro de Ensino e Lingua Portuguesa tras un litixio cun grupo de cooperantes.

    Fonte: RTP Notícias

    07 de setembro de 2021

    O corto En la punta de la llengua de Anna Bronchal, que gañou o concurso da Concellería de Plurilingüismo e Fomento do Valenciano do Concello de Castelló, trata a situación dun mozo que se reencontra coa lingua propia, que o acompañou ao longo da súa vida.

    Fonte: El Periòdic

    07 de setembro de 2021

    A lei prevé reforzar a inclusión educativa a través da incorporación das linguas de signos españolas á súa oferta e contribuír á eliminación das barreiras de comunicación para a integración social das persoas xordas, con discapacidade auditiva ou xordocegas.

    Fonte: Diario Siglo XXI

    07 de setembro de 2021

    A terceira edición das xornadas Videoxogos e Literatura, organizadas pola Fundación Carlos Casares, abordou a relación entre as novas tecnoloxías da creación, a comunicación e o entretemento, e os desafíos que supoñen para a lingua galega.  

    Fonte: Real Academia Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder