Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de setembro de 2021

    O Goberno de Navarra proporciónalle así ao persoal de Atención Primaria unha guía orientativa coa que mellorar a atención en éuscaro á cidadanía que inclúe expresións e vocabulario básico nesta lingua, así como conversas habituais e un dicionario terminolóxico.  

    Fonte: Gobierno de Navarra

    14 de setembro de 2021

    A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4. Trátase da segunda convocatoria do ano 2021, na que as persoas interesadas -maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria- se poden inscribir, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, desde mañá, 14 de setembro, ata o vindeiro 4 de outubro.

    14 de setembro de 2021

    O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco solicitou que sexa o Tribunal Constitucional quen determine a constitucionalidade do artigo 6.2 da Lei de institucións locais de Euskadi, xa que considera que lle concede ao éuscaro unha "supremacía exorbitante" respecto ao castelán.

    Fonte: El Diario

    13 de setembro de 2021

    A iniciativa Māori Language Moment, creada co gallo da Semana da Lingua Maorí, quere bater o récord mundial congregando dous millóns de participantes. O obxectivo é animar as persoas a aprenderen a lingua vernácula de Nova Zelandia.

    Fonte: TVNZ

    13 de setembro de 2021

    O director xeral de TG4, unha plataforma de contidos audiovisuais en gaélico irlandés, criticou a pouca ambición que mostra o Goberno da República de Irlanda á hora de apoiar a canle.

    Fonte: Nation Cymru

    13 de setembro de 2021

    O Concello de Bilbao e Euskaltzaindia asinaron un convenio de colaboración para fomentar o uso do éuscaro na cidade. Trátase dun acordo, que ambas as institucións renovan anualmente, polo que a Real Academia da Lingua Vasca apoia o consistorio en tarefas como asesoramento lingüístico, organización de actividades etc.

    13 de setembro de 2021

    A Mancomunidade de Uribe Kosta puxo en marcha 'Euskaraz Olgetan', unha iniciativa que ten como obxectivo promover o uso e o coñecemento do éuscaro entre as familias a través de xogos, espectáculos e obradoiros.

    Fonte: El Correo

    13 de setembro de 2021

    O Concello do Grove promoverá ata finais de outubro, en colaboración con dous centros de secundaria do municipio, o uso do galego entre a xente nova por medio do programa de dinamización lingüística “Bicos con lingua. Unidade didáctica”.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de setembro de 2021

    O profesor e investigador Carlos Xesús Varela Aenlle é o responsable do primeiro Dicionario do galego de Asturias, unha iniciativa que recolle o vocabulario de 18 concellos do Eo-Navia.

    Fonte: Nós Diario

    12 de setembro de 2021

    A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle un obradoiro de podcast, de 15 horas de duración, dirixido a toda a comunidade universitaria co obxectivo de fomentar a creación de contidos dixitais en lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder