Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu aos actos en homenaxe ao mestre, escritor e político galeguista Luís Soto que se celebraron a cabalo entre Celanova e Vilanova dos Infantes.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou ao presidente do Liceo de Ourense, Javier Casares Mouriño, na presentación de “Ourense Universo Literario. De Ourense e desde Ourense para o mundo”, impulsado pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

    20 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación oficial do Festival Maré 21, que chega á súa 17ª edición, a segunda en Santiago de Compostela, onde se celebrará do 23 ao 26 de setembro en distintos escenarios.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de setembro de 2021

    A Asemblea da República portuguesa aprobou por unanimidade a protección e promoción do dialecto barranqueño e da súa identidade cultural.

    Fonte: Observador

    17 de setembro de 2021

    Portugal celebra por primeira vez o Día da Lingua Mirandesa coa intención de divulgar e promover o segundo idioma oficial do país. Ao mesmo tempo, no concello de Miranda do Douro dan comezo as clases de mirandés en diferentes niveis educativos.

    Fonte: RTP Notícias

    17 de setembro de 2021

    O alcalde São Paulo, Ricardo Nunes, presentou unha proposta formal na cámara municipal para que o guaraní se converta na segunda lingua oficial da cidade. O proxecto prevé tanto a introdución da lingua no ensino como a produción de documentos públicos e institucionais neste idioma.

    Fonte: MercoPress

    17 de setembro de 2021

    A autoridade unitaria de Powys no País de Gales vai someter a consulta pública un ambicioso plan para mellorar a competencia en lingua galesa na poboación durante os próximos dez anos.

    Fonte: Powys County Times

    17 de setembro de 2021

    Este foro celebra a súa primeira sesión o 23 de setembro, á que lle seguirán outras dúas. Cada empresa deberá identificar os seus retos para impulsar o éuscaro, para logo ver as ferramentas e os recursos existentes para afrontalos e coñecer como os afrontan outras organizacións.  

    Fonte: Diputación Foral de Álava

    17 de setembro de 2021

    O Goberno vasco, as deputacións forais e Euskaltzaindia renovaron o convenio marco para o período 2021-2024 co obxectivo de establecer as bases da súa colaboración e formular novos retos en relación coas actividades de investigación e difusión do éuscaro.

    17 de setembro de 2021

    A quinta edición dos premios Youtubeiras ten como novidade a aposta por proxectos xa consolidados ou que teñan unha continuidade no tempo. Para participar cómpre ser maior de 14 anos e ter, polo menos, cinco vídeos publicados antes do 23 de outubro de 2020.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder