Máis de 500 escolas primarias de toda Irlanda promoverán o ensino de linguas estranxeiras mediante un programa europeo.
Fonte: The Connaught Telegraph
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Máis de 500 escolas primarias de toda Irlanda promoverán o ensino de linguas estranxeiras mediante un programa europeo.
Fonte: The Connaught Telegraph
Trátase dun novo órgano consultivo, conformado por seis especialistas, que ten como obxectivo servir de ferramenta para reforzar a política e a planificación lingüística e asesorar ao Goberno de Arán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O novo proxecto da Lei xeral de comunicación audiovisual exclúe o galego, o catalán e o éuscaro nas plataformas como Netflix, HBO ou Amazon Prime. A norma indica que, polo menos, a metade da cota dedicada a obras europeas debe reservarse ao castelán ou ás linguas cooficiais autonómicas, pero non establece unha porcentaxe concreta para estas últimas.
O Concello de Santiago puxo en marcha unha nova edición do programa “Coidar para mellorar”, que ten entre os seus obxectivos a promoción do uso do galego no ámbito do comercio.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Arranca en Santiago o terceiro encontro do festival de poesía Alguén que respira!. Esta cita forma parte das catro que se celebran ao longo do ano coincidindo sempre nos días 21 de solsticios e equinoccios.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O vídeo dunha nena tentando comunicarse en galego con Siri, que se fixo viral a través da rede social Twitter, serviu para reavivar o debate sobre o uso desta lingua entre a mocidade e nas novas tecnoloxías.
Fonte: Galicia Confidencial
Como cada 26 de setembro desde 2001, Europea celebra o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa impulsada polo Consello de Europa co obxectivo de dar a coñecer a diversidade lingüística do continente e impulsar entre a poboación a aprendizaxe de linguas, tanto dentro como fóra das escolas.
Fonte: EDL
Un proxecto pretende difundir coñecemento na enciclopedia dixital da Wikipedia publicando artigos en macua, a principal lingua nativa de Mozambique.
Fonte: DW
Na primeira reunión entre os grupos parlamentarios para a reforma do Estatuto de Autonomía do Principado, tratouse a proposta de avanzar cara á oficialidade do asturiano tomando como modelo de redacción o Estatuto de Galicia.
Fonte: La Voz de Asturias
O Concello de Pasaia organizou unha campaña para sensibilizar as persoas chegadas recentemente desde outros países para que aprendan éuscaro, presentándoo como un elemento para a súa promoción social.
Fonte: El Diario Vasco
Subscríbase ao boletín