Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de setembro de 2021

    O Partido Maorí presentou unha campaña para que o nome orixinario do país en maorí, Aotearoa, sexa recoñecido como oficial.

    Fonte: Jornalet

    24 de setembro de 2021

    O banco HSBC aprobou un ambicioso plan de formación en galés para o seu persoal que permitirá nun futuro ofrecer información e servizos por medio desta lingua en todo o País de Gales. 

    Fonte: Nation Cymru

    24 de setembro de 2021

    Como cada 23 de setembro desde 2018, a Organización das Nacións Unidas (ONU) conmemora o Día Internacional das Linguas de Signos para promover e apoiar a diversidade lingüística das persoas xordas de todo o mundo.

    Fonte: United Nations

    24 de setembro de 2021

    O Instituto de Liderado Simone de Beauvoir crea espazos radiofónicos en linguas nativas de México para que as persoas de comunidades indíxenas teñan coñecemento dos seus dereitos sexuais e reprodutivos.

    Fonte: Vértigo Político

    24 de setembro de 2021

    A versión en liña do Dicionario da actividade parlamentaria acaba de ser actualizada para incorporar un cento de equivalencias en lingua de signos catalá a través dunha ligazón a un vídeo que amosa como se signa o termo.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    24 de setembro de 2021

    A Universidade de Salamanca, en colaboración con outras sete institucións europeas e africanas de ensino superior, participa no proxecto BAQONDE que ten como obxectivo impulsar o uso das linguas indíxenas africanas no ámbito universitario de Suráfrica.

    24 de setembro de 2021

    Desde as redes sociais denuncian que, das máis de 4000 series que ofrece Netflix, tan só unha está en galego: O sabor das margaridas. Por este motivo, demandan a dobraxe ao galego das principais ficcións desta plataforma e que se inclúa esta lingua na nova Lei do audiovisual que prepara o Goberno.

    24 de setembro de 2021

    O documental 2021, 40 anos despois, de 47 minutos de duración, ofrece as reflexións do alumnado do IES de Arzúa sobre o uso e o futuro do galego nun contexto no que a maioría son galegofalantes.

    Fonte: Praza

    24 de setembro de 2021

    A psiquiatra Iria Veiga e o xenetista Ángel Carracedo pechan a serie Conseguiremos, unha produción audiovisual que forma parte do proxecto “Novas voces para a lingua” impulsado pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela.

    23 de setembro de 2021

    A Secretaría de Política Lingüística publicou un documento sobre o uso do móbil dentro e fóra das clases de catalán para adultos que ten como obxectivo orientar o alumnado na incorporación destes dispositivos nas dinámicas de aprendizaxe desta lingua.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder