Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de setembro de 2021

    Unha campaña pública quere reunir sinaturas a favor de que o inglés se converta na cuarta lingua oficial de Luxemburgo, despois do luxemburgués, alemán e francés.

    Fonte: Luxembourg Times

    28 de setembro de 2021

    A Deputación Foral de Biscaia organizou un encontro para reflexionar sobre a situación do éuscaro dentro da diversidade lingüística europea.

    Fonte: Noticias de Álava

    28 de setembro de 2021

    O Concello de Castrocalbón, en Castela e León, puxo en marcha un proxecto para recuperar a toponimia urbana polo que colocará placas en rúas, prazas e camiños coa ortografía asturleonesa.

    Fonte: iLeón

    28 de setembro de 2021

    O Día do Orgullo Neofalante, que se celebra o 1 de outubro, coincidindo coa data de nacemento de Andrés do Barro, ten como obxectivo gañar falantes e espazos de uso para o galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    28 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación da programación polo 20º aniversario do Día Europeo das Linguas, un día dedicado a celebrar e promover o plurilingüismo en toda Europa.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de setembro de 2021

    A cidade galesa de Newport aprobou un ambicioso proxecto que pretende incrementar a porcentaxe de falantes de galés en todo o municipio por medio da educación e o emprego.

    Fonte: Nation Cymru

    28 de setembro de 2021

    Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Chinesa cunha importante variedade de actividades que permitirán que a cidadanía neozelandesa se achegue ás tradicións chinesas.

    Fonte: Shine News

    27 de setembro de 2021

    Os centros de saúde de Son Pisà, Santa Catalina, Casa del Mar, Binissalem e Campos acolleron unha acción de protesta para reclamar atención e rótulos en catalán.

    Fonte: Diario de Mallorca

    27 de setembro de 2021

    Baixo o título "O galego ten saúde!", as tres palestras tratarán contidos de psiquiatría, psicoloxía, medicina familiar e comunitaria, farmacia ou toxicoloxía co obxectivo de promover actitudes lingüísticas positivas do alumnado e do profesorado da Facultade de Medicina sobre o exercicio docente e profesional en galego.

    27 de setembro de 2021

    Os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García, inauguraron na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, xestionada pola Xunta, a exposición itinerante Asinamos ser libres, unha homenaxe a Xela Arias no marco das Letras Galegas 2021.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder