O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de homenaxe que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) organizou pola xubilación de Blanca Ana Roig Rechou, unha das fundadoras e investigadora deste centro da Xunta de Galicia.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un grupo de docentes e indíxenas da Amazonia brasileira quere crear a primeira Academia da Lingua Nheengatu co fin de crear estratexias de ensino deste idioma nas comunidades e en liña.
Fonte: Amazonia Real
Os ministerios de Xustiza dun total de 28 países de lingua oficial portuguesa e española participarán nun encontro en Tenerife para crear a plataforma de cooperación xurídica internacional Iberi@.
Fonte: Notícias ao Minuto
O primeiro ministro do Perú, Guido Bellido, anunciou o lanzamento dunha plataforma nacional de formación virtual para que toda a cidadanía do país andino poida aprender ou fortalecer os seus coñecementos de quechua.
Fonte: Agencia Peruana Andina
'La Justícia, també en català' é o lema dunha nova campaña, impulsada polo Tribunal Superior de Xustiza de Baleares e o Goberno do arquipélago, xunto a outras entidades, que ten como obxectivo fomentar o uso do catalán no ámbito xudicial, así como o coñecemento e o respecto polos dereitos lingüísticos.
Era eskola é unha escola en liña, organizada por Euskarabidea e os servizos de éuscaro das entidades locais navarras, destinada ás familias para ofrecerlles formación e recursos e sensibilizalos sobre o seu papel no proceso de aprendizaxe desta lingua das súas fillas e fillos.
A Xunta conmemora o Día Internacional da Tradución a través da participación en diferentes iniciativas, como simposios, obradoiros e entregas de premios, co acto central na actividade “Contigo na distancia”, promovida pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) en colaboración co Goberno galego.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou o seminario internacional “A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana”, un encontro de reflexión e análise coordinado polo proxecto Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciará perante o Consello de Europa en Estrasburgo a denegación dunhas axudas ao Concello de Cambados por presentaren a documentación en galego. Para a entidade isto é un claro caso de vulneración da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias por parte do Goberno de España.
Fonte: Nós Diario
Este programa, organizado polo Concello de Bilbao en colaboración con bilbaoDendak, HABE e os euskaltegis homologados, ten como obxectivo facilitarlles a comerciantes da cidade a aprendizaxe e o uso do éuscaro nas súas relacións coa clientela, cos provedores ou cos compañeiros.
Boletín
Subscríbase ao boletín



