A autoridade unitaria de Carmarthenshire no País de Gales someterá a consulta pública un plan que regulará o ensino bilingüe galés-inglés nas escolas durante os próximos dez anos.
Fonte: South Wales Guardian
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A autoridade unitaria de Carmarthenshire no País de Gales someterá a consulta pública un plan que regulará o ensino bilingüe galés-inglés nas escolas durante os próximos dez anos.
Fonte: South Wales Guardian
O Mapa sociolingüístico escolar de Ames, desenvolvido pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames, revela unha perda do 10 % de galegofalantes iniciais xa no primeiro contacto co medio educativo na etapa infantil, unha porcentaxe que vai medrando nos sucesivos cambios de ciclo.
O obxectivo destes obradoiros, que se desenvolverán os días 23 e 24 de outubro, é incrementar o uso do éuscaro nas plataformas dixitais. Enmárcanse no proxecto Bziber, dirixido a mozos e mozas de entre 11 e 14 anos.
Fonte: Durangon
Varias fontes escritas de Croacia informaron de que un libro de texto de ensino primario nega a existencia da lingua croata. O asunto chegou mesmo a ser duramente criticado polo primeiro ministro croata Andrej Plenković.
Fonte: Euroactiv
A veciñanza de Llodio recibirá un mapa que inclúe os 132 establecementos nos que é posible recibir atención en éuscaro. Trátase de comercios e empresas de servizos que se sinalizan con tres cores en función do nivel de coñecemento do persoal desta lingua.
Fonte: El Correo
Na vindeira reunión que o Conselh d'Aran manterá coa Generalitat de Cataluña exporase a urxencia de contar cunha dotación orzamentaria para as competencias en materia de lingua e cultura e a relación bilateral para aplicar as políticas lingüísticas que o aranés precisa.
Fonte: Segre
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da antoloxía poética de Luz Pozo Garza Unha Camelia / One Camellia Blossom, editada por Small Satations Press co apoio da Xunta de Galicia e traducida ao inglés pola políglota filóloga romanesa Adina Ioana Vladu.
A cidade portuguesa de Coímbra crea as bases para se converter no polo europeo do Museo de Lingua Portuguesa de São Paulo. A iniciativa estará integrada no proxecto que Coímbra presentará á candidatura de Capital Europea da Cultura en 2027.
Fonte: Público
A Comisión Permanente de Acceso á Xustiza de Persoas en Condición de Vulnerabilidade do Perú ofrece un curso virtual de quechua que ten como obxectivo brindar un mellor acceso á xustiza ás persoas que empregan esta lingua como principal modo de expresión.
Fonte: La República
Representantes da Real Academia Galega e da Mesa pola Normalización Lingüística reuníronse para tratar o trato que vai recibir o galego na futura Lei xeral de comunicación audiovisual que se está a tramitar no Congreso dos Deputados.
Fonte: Real Academia Galega
Subscríbase ao boletín