Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de outubro de 2021

    O Instituto de Estudos Cataláns creou o Observatorio da Calidade Lingüística, un proxecto que ten como obxectivo facer un seguimento e unha avaliación dos usos públicos nas diferentes variedades dialectais do catalán.  

    Fonte: dBalears

    13 de outubro de 2021

    En breve chegará ás librarías, Astérix e o Grifón, o volume número 39 da serie de Astérix e Obélix que verá a luz de xeito simultáneo xunto a outras 17 linguas en todo o mundo. A tradución ao galego é responsabilidade de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar.

    Fonte: Praza Pública

    13 de outubro de 2021

    A asociación catalá Òmnium Cultural crea 'Tándem cultural', un novo espazo que ten como fin favorecer a conversa en catalán con falantes habituais e crear novas parellas lingüísticas. 

    Fonte: Gencat

    13 de outubro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro Mamasunción. Como facer unha película a través da mirada de Chano Piñeiro, do director e guionista Pedro Sancho. “Unha obra –explicou o representante da Xunta de Galicia– que descubre unha parte moi importante de Chano Piñeiro e da súa forma de facer cinema en galego.

    13 de outubro de 2021

    Tres estudantes arxentinas, Beatriz Etchegaray, Elisabeth Etchegaray e Beatriz Poume, poderán realizar unha estadía de éuscaro en Lazkao (Guipúscoa) grazas ao programa Euskara Munduan de Etxepare Euskal Institutua.

    Fonte: Etxepare Euskal Institutua 

    13 de outubro de 2021

    O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abrirá ao público a nova exposición From Spain With Design (FSWD)/Identidade e territorio, promovida pola Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) para mostrar a proxección do deseño español a nivel nacional e internacional.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de outubro de 2021

    Tyrese Dibba,  un neno británico de 16 anos, recibe o premio 'Point of Light' pola súa contribuación á hora de ensinar a lingua de signos británica durante o confinamento. 

    Fonte: BBC

    13 de outubro de 2021

    A Universidade de Harvard decidiu trasladar o seu programa intensivo de verán de lingua chinesa da China continental a Taipei, capital de Taiwán. 

    Fonte: The Intelligencer

    11 de outubro de 2021

    O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) presentou unha queixa na Valedora do Pobo para denunciar o panorama verdadeiramente preocupante para a lingua propia que se desprende do último estudo elaborado pola Real Academia Galega.

    Fonte: STEG

    11 de outubro de 2021

    A iniciativa #EuApagoTVE, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística, chama a que o día 11 de outubro só se sintonice TVE cando estea a emitir contidos en galego, é dicir na canle La1 de 14 a 14:20h e de 15:55 a 16:15h. Con esta iniciativa preténdese denunciar a escasa presenza do galego na televisión pública española.

    Fonte: Nós Diario

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder