A escola Bressola de ensino en catalán acusa o Concello de Perpiñán, no Roselló, de impedir o proxecto de instituto de inmersión en catalán no mosteiro de Santa Clara e anuncia que presentará un recurso nos tribunais.
Fonte: Ara
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A escola Bressola de ensino en catalán acusa o Concello de Perpiñán, no Roselló, de impedir o proxecto de instituto de inmersión en catalán no mosteiro de Santa Clara e anuncia que presentará un recurso nos tribunais.
Fonte: Ara
A Expo 2020 que ten lugar en Dubai, nos Emiratos Árabes Unidos, homenaxea a lingua portuguesa no seu Festival da Lusofonía. Na celebración estarán presentes varios artistas de diferentes países de lingua oficial portuguesa.
Fonte: NiT
O Diario Oficial da Generalitat de Catalunya do 14 de outubro publicou 125 novos termos cataláns entre os que destacan, polo seu número, os vinculados ás tecnoloxías da información e a comunicación, a xenética e a socioloxía.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O 20 de outubro comeza o programa de actividades da nova edición do Correlingua que, baixo o lema 'Inmunízate co galego', inclúe concertos e talleres de escritura creativa, de regueifas e banda deseñada e que se iniciará na Coruña para prolongarse ata novembro por toda Galicia.
Fonte: Galicia Confidencial
Baixo o lema «A boa medicina», nace esta campaña destinada a limar os prexuízos lingüísticos do alumnado, especialmente o de primeiro curso e o que chega dende fóra de Galicia. Na súa presentación déronse a coñecer as actividades que se levarán a cabo nos meses de outubro, novembro e decembro no marco desta iniciativa.
Xesús Fraga é o gañador do Premio Nacional de Narrativa 2021, que entrega o Ministerio de Cultura e Deporte, pola novela Virtudes (e misterios). Por cuarta vez este galardón recae nunha obra escrita en galego, xa que con anterioridade foron distinguidos Alfredo Conde (1986), Manuel Rivas (1996) e Suso de Toro (2003).
O servizo de telecomunicacións escocés, MG Alba, ofrece SpeakGaelic un novo espazo virtual e interactivo dedicado ás persoas que queiran aprender ou perfeccionar o seu coñecemento de gaélico escocés.
Fonte: The Northern Scot
O organismo que actúa de representante do pobo inuit perante as institucións públicas, Nunavut Tunngavik Incorporated, abriu unha causa xudicial contra o goberno da provincia canadense de Nunavut por non ser quen de proporcionar ensino en lingua inuit na rede de escolas públicas.
Fonte: Nunatsiaq News
O proxecto “Xela e Gianni” está formado unha serie de podcast elaborados por Charo Pita que adapta a formato sonoro os textos traducidos ao galego por Xela Arias hai 25 anos da obra Contos ao teléfono de Gianni Rodari.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Gurasoleku é un proxecto que ten como obxectivo promover o éuscaro e impulsar a transmisión familiar desta lingua nas familias con nenas e nenos de ata 5 anos. Iniciouse en varios centros de ensino de Amurrio, aínda que a idea é ampliar a iniciativa a outros municipios.
Fonte: Noticias de Álava
Subscríbase ao boletín