Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de outubro de 2021

    A Xunta de Galicia súmase á conmemoración do Día das Escritoras con diversos actos que homenaxean e difunden a figura e a pegada de autoras destacadas das nosas letras.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de outubro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume Cartas de Poboamento inéditas de Baiona e Monte Real, da autoría de Avelino Sierra, editado por Edicións Fervenza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    19 de outubro de 2021

    O Centro Dramático Galego (CDG) e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ofrecen no Salón Teatro de Santiago de Compostela unha lectura dramatizada do texto de Ernesto Is, Relato para un incendio, gañador da Bolsa de Dramaturxia e que será levado á escena pola unidade de produción teatral da Xunta en réxime de coprodución.

    18 de outubro de 2021

    Un novo acordo entre o Goberno de Gales e a plataforma de aprendizaxe en liña Duolingo permitirá dar un apoio adicional á aprendizaxe da lingua galesa.

    Fonte: South Wales Argus

    18 de outubro de 2021

    O riodonorés e o guadramilés son variedades do astur-leonés faladas aínda en dúas freguesías do Concello de Bragança. Un proxecto quere agora revitalizalas e pólas en valor.

    Fonte: Mensageiro de Bragança

    18 de outubro de 2021

    Unha manifestación percorreu as rúas de Oviedo para esixir a oficialidade do asturiano e o galego-asturiano e que se recoñeza así legalmente o dereito da cidadanía do Principado a usar libremente calquera destas linguas.

    Fonte: Galicia Confidencial

    18 de outubro de 2021

    A Secretaría de Política Lingüística publicou novas unidades para facilitarlles a conversa ás parellas lingüísticas. A través de novos recursos dixitais, como vídeos, audios ou xogos, búscase promover a interacción de xeito fácil e accesible mediante cualquier dispositivo móbil.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    18 de outubro de 2021

    Este Certame de curtas ten como obxectivo promover a creación audiovisual como canle de difusión da lingua e literatura galegas. Inclúe dúas categorías, unha xeral e outra destinada aos centros de ensino.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de outubro de 2021

    A Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, a Deputación de Lugo, os GDR Comarca de Lugo e Miño-Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada, presentaron o libro A Comarca de Chantada no século XVIII.

    18 de outubro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mesa redonda que clausurou a VI Xornada de Onomástica Galega, coorganizada pola Real Academia Galega (RAG), a Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder