A escritora mozambicana Paulina Chiziane foi a galardoada do Premio Camões 2021, o de maior prestixio da lingua portuguesa.
Fonte: RTP Notícias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A escritora mozambicana Paulina Chiziane foi a galardoada do Premio Camões 2021, o de maior prestixio da lingua portuguesa.
Fonte: RTP Notícias
Os responsables de Política Lingüística dos tres territorios acordaron coordinar e desenvolver conxuntamente accións para promover o catalán no eido audiovisual, así como impulsar esta lingua nas tecnoloxías da linguaxe e na intelixencia artificial, entre outros acordos.
Baixo o lema "La universitat, en català!", púxose en marcha unha nova campaña que ten como obxectivo facilitar as denuncias por vulneración dos dereitos lingüísticos nas universidades dos territorios de fala catalá.
Fonte: Plataforma per la Llengua
Con motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas que se celebra o domingo 24 co lema “Ler, aprender, descubrir”, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega de diplomas aos voluntarios da biblioteca escolar do instituto IES Manuel García Barros, na Estrada.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A XXI asemblea xeral da organización das Institucións Superiores de Control da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) celebrada en Lisboa acordou converter o portugués en lingua oficial de todos os tribunais de contas da CPLP.
Fonte: SAPO
A Fundación do Cinema de Finlandia financiará con 800 000 euros a realización de Je'vida, primeiro filme gravado na lingua saami de Skolt, un idioma seriamente ameazado que se fala no norte de Finlandia e Rusia.
Fonte: The Barents Observer
O Parlamento balear aprobou unha proposta para solicitar que a cidadanía do arquipélago poida empregar o catalán ao dirixirse á Administración Xeral do Estado, unha medida que busca garantir os dereitos lingüísticos da poboación.
Fonte: Diario de Mallorca
O Dicionario do Galego de Asturias, obra de Carlos Varela, é un volume de 800 páxinas que contén máis de 32 000 entradas e 50 000 significados. Publicado pola Universidade de Vigo, recolle a riqueza léxica da área lingüística dialectal da comarca do Eo-Navia, formada por 19 concellos do occidente de Asturias.
O aragonés e o asturiano poderán optar ás subvencións e aos premios que convoque o Estado grazas a unha proposición non de lei aprobada pola Comisión de Cultura do Congreso. Malia non estaren recoñecidas como oficiais, ambas gozan de especial protección nos respectivos estatutos de autonomía e na Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.
Segundo denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística, a Delegación do Goberno impúxolle unha multa de 600 euros a un veciño de Rianxo que pediu ser atendido en galego nun cribado da covid-19 nesta localidade.
Fonte: Nós Diario
Subscríbase ao boletín