Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de outubro de 2021

    Un ano máis a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) organiza, co gallo da celebración do Día de Defuntos, unha serie de accións ao abeiro do Mes da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, unha iniciativa impulsada por esta organización para fomentar o uso do galego no ámbito dos ritos funerarios e das últimas vontades.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    25 de outubro de 2021

    A China continúa reforzando a asimilación cultural e lingüística das minorías étnicas ao eliminar do seu programa nacional de desenvolvemento infantil a obriga de educar na lingua materna das crianzas.

    Fonte: VOA News

    25 de outubro de 2021

    Cíntia Ertel, migrante brasileira en Luxemburgo, publicou o libro O papagaio imigrante co que pretende axudar as crianzas de familias lusófonas a aprenderen mellor o alemán, a primeira lingua de instrución nas escolas infantís luxemburguesas.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    25 de outubro de 2021

    O sindicato CC. OO. presentou un recurso contra a bolsa de emprego para cubrir interinidades nas distintas policías locais porque incumpre a normativa lingüística, xa que esixe o nivel B2 de éuscaro.

    Fonte: El Diario Vasco

    25 de outubro de 2021

    Representantes das tres institucións renovaron o protocolo de colaboración, que estará en vigor no período 2021-2025, para seguir traballando na promoción do éuscaro, co obxectivo de garantir a presenza desta lingua na educación, o lecer, o ámbito socioeconómico, o deporte ou a investigación.

    25 de outubro de 2021

    A Xunta de Galicia vén de retomar a súa actividade exterior de promoción do sector editorial coa súa presenza nunha das feiras do libro máis importantes do mundo, a Feira Internacional de Frankfurt.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    25 de outubro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto dual que marcou o remate das actividades de conmemoración polo 50 aniversario do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago.

    25 de outubro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do libro ArthurRimbaud. Iluminacións & Unha tempada no inferno, un traballo dos creadores Manuel Cartea, artífice da tradución e das notas, e Manuel Teira, a cargo das ilustracións que acompañan o libro.

    25 de outubro de 2021

    A Xunta de Galicia está a ultimar a Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingue 2030, na educación en Galicia de cara aos vindeiros anos, que suporá a consolidación e o afianzamento do modelo plurilingüe implantado hai unha década nos centros de ensino e do que hoxe se benefician arredor de 100 000 alumnos.

    22 de outubro de 2021

    O consello regulador dos medios de comunicación de Letonia (NEPLP, polas súas siglas en letón) anulou o contrato da canle de lingua rusa PBK por incumprimento grave das condicións na emisión de contidos audiovisuais.

    Fonte: Broadband TV News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder