Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de outubro de 2021

    En vista das crecentes tensións con Francia, os ministerios de Formación Profesional e Xuventude e Deportes de Alxeria decidiron pór fin ao uso do francés nas correspondencias oficiais.

    Fonte: Middle East Monitor

    27 de outubro de 2021

    A Comisión Técnica de Política Lingüística reuniuse co obxectivo de traballar desde todos os departamentos do Goberno catalán para asegurar o presente e o futuro da lingua catalá.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    27 de outubro de 2021

    A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago presentaron o primeiro acordo para o Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega, que supón o inicio do desenvolvemento desta iniciativa coa que se incorporará o galego ao eido dixital.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    27 de outubro de 2021

    A gala aRi[t]mar Galiza e Portugal chega á súa sexta edición cun espectáculo protagonizado por mulleres que reunirá no Auditorio de Galicia as cantantes Guadi Galego e Cláudia Pascoal e as poetas Rosalía Fernández Rial e Márcia, as catro premiadas nas categorías de mellor música e poesía galega e portuguesa do pasado ano, respectivamente.

    26 de outubro de 2021

    A Axencia Rexional para a Lingua Friulana (Arlef) presentou o Plan Xeral de Política Lingüística da Lingua Friulana onde se demanda unha intervención urxente para evitar que este idioma siga perdendo falantes.

    Fonte: Udine Today 

    26 de outubro de 2021

    Unha profesora do Departamento de Psicoloxía da Universidade Autónoma de Lisboa creou GOGENIUS, unha nova aplicación destinada á aprendizaxe do portugués europeo. A ferramenta está pensada principalmente para persoas emigradas que acaban de chegar a Portugal.

    Fonte: SAPO

    26 de outubro de 2021

    O pleno ordinario inclúe unha moción que propón reiterar o compromiso municipal coa lingua asturiana, para que os partidos que forman parte da Corporación voten a favor ou en contra da súa oficialidade.

    Fonte: COPE

    26 de outubro de 2021

    Woden GP (ViJuDa) e Nuclear Blaze (Deepnight Games) sumáronse á listaxe de videoxogos traducidos ao éuscaro grazas ao traballo de localización de membros de Gamerauntsia, comunidade  que traduciu a maioría de xogos para consola, ordenadores e móbiles aos que se pode xogar nesta lingua.

    26 de outubro de 2021

    O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago anunciou as persoas gañadoras do concurso de vídeo Móvete, destinado a alumnado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega de fóra da comunidade autónoma para impulsar o uso do galego e dar a coñecer o propio ILG.  

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    26 de outubro de 2021

    Estes son os gañadores dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística deste ano: José Manuel Bértolo (catedrático de grego e investigador sobre temas culturais e históricos da comarca de Terra de Montes), o colectivo poético Rompente e o programa de radio Sempre en Galiza (creado en 1950 en Montevideo por emigrantes galegos).

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder