Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de novembro de 2021

    Estes galardóns, que convoca a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL),  teñen como obxectivo poñer en valor, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que fomenten o galego e procuren o incremento do seu uso e o seu prestixio.

    Fonte: Premios Mil Primaveras

    03 de novembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do webinario sobre intelixencia artificial “Poden pensar as máquinas?”, impartido polo profesor Senén Barro, doutor en Física, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS).

    02 de novembro de 2021

    O equipo de lexicografía do Oxford English Dictionary declarou que a palabra ‘vax’ (vacina ou vacinar) é a nova palabra do ano 2021 na lingua inglesa.

    Fonte: BBC

    02 de novembro de 2021

    Os centros bibliotecarios xestionados pola Xunta van acoller ao longo de novembro preto de 40 actividades de divulgación científica enmarcadas na celebración do Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Trátase dunha iniciativa do Goberno autonómico a prol do achegamento da cidadanía á literatura científica en galego.

    02 de novembro de 2021

    L’Ep! Interactiu, un recurso didáctico para aprender e practicar o catalán, ofrece 31 novas actividades en aberto correspondentes ao segundo módulo, no cal se incrementa a dificultade destas.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    02 de novembro de 2021

    O Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL) traballa neste novo estudo co que intentarán extraer conclusións aplicables a outros ámbitos científicos non vinculados coa linguaxe, como poder predicir a evolución dunha persoa con lesións cerebrais.

    Fonte: Noticias de Navarra

    02 de novembro de 2021

    O Concello de Lugo estuda a posibilidade de outorgarlles axudas de 200 euros ás familias que desexen galeguizar as lápidas dos seus defuntos situadas no cemiterio municipal.

    Fonte: Lugo Xornal

    29 de outubro de 2021

    O deputado na Asemblea de Francia, Paul Molac, principal defensor dunha lei que garanta a oficialidade das linguas rexionais de Francia, foi elixido novo presidente da Oficina Pública da Lingua Bretoa.

    Fonte: Ouest France

    29 de outubro de 2021

    O Goberno do Reino Unido convidou os partidos políticos da Asemblea de Irlanda do Norte a unha reunión informativa sobre a aprobación dunha lei sobre a lingua irlandesa.

    Fonte: RTÉ

    29 de outubro de 2021

    Segundo se desprende dunha conferencia realizada na provincia de Qinghai, a China vai prohibir o uso da lingua tibetana como idioma de comunicación e estudo nos mosteiros budistas. 

    Fonte: Radio Free Asia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder