Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de novembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á inauguración dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Xunta de Galicia.

    04 de novembro de 2021

    O borrador do II Plan estratéxico do éuscaro (2020-2027) inclúe actuacións para promover o seu uso social, entre elas, varias destinadas a aumentar o consumo de medios nesta lingua, como o incremento das axudas, fórmulas de financiamento etc.

    04 de novembro de 2021

    O xurado dos Premios da Cultura Galega acaba de dar a coñecer as persoas galardoadas nesta edición. Na categoría de Lingua o recoñecemento vai para o programa “Dígocho eu”, presentado por Esther Estévez na TVG, no que se resolven dúbidas relacionadas co uso correcto do galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de novembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do festival ponferradino Villar de los Mundos, que enfoca a súa IX edición, a cuarta na que colabora a Xunta, na Comunidade galega e no Ano Xacobeo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de novembro de 2021

    Unha iniciativa do Ministerio de Educación de Angola con financiamento do Banco Mundial dará formación en lingua portuguesa e matemáticas a máis de 40 mil docentes de ensino primario e secundario.

    Fonte: Novo Jornal

    03 de novembro de 2021

    A Universidade de Aberystwyth, en Gales, fai entrega do Premio da Lingua Galesa 2021 a catro estudantes pola súa contribución á promoción do galés.

    03 de novembro de 2021

    Un grupo de vinte estudantes de Xerusalén pon en marcha unha iniciativa de encontros casuais para aprender ou perfeccionar o hebreo e o árabe. 

    Fonte: Público

    03 de novembro de 2021

    A Deputación Foral de Guipúscoa entrega desde 1996 o premio Abbadia que recoñece o labor de persoas e entidades a prol da promoción do éuscaro. Este ano o galardón recaeu no Grupo Fagor, un exemplo na xestión lingüística e que ten a promoción da lingua vasca como parte da súa responsabilidade empresarial.

    03 de novembro de 2021

    Unha vintena de centros de ensino de éuscaro están a proban a metodoloxía Uler-Saioak para  testar a posibilidade de comprender esta lingua a un nivel básico de apenas 60 horas.

    Fonte: La Vanguardia

    03 de novembro de 2021

    A gala Ribadumienses en prol do galego, cuxa finalidade é premiar entidades e persoas polo seu labor de difusión desta lingua, homenaxeará o asociación Alecrín que leva anos representando obras en galego.

    Fonte: Faro de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder