O Goberno Federal do Canadá investiu case 7 millóns de dólares canadenses en programas das Primeiras Nacións da Columbia Británica destinados a revitalizar as súas linguas indíxenas.
Fonte: CBC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno Federal do Canadá investiu case 7 millóns de dólares canadenses en programas das Primeiras Nacións da Columbia Británica destinados a revitalizar as súas linguas indíxenas.
Fonte: CBC
Un estudo demostra que o empresariado finlandés é remiso a contratar man de obra estranxeira pola súa falta de confianza nas súas propias habilidades lingüísticas.
Fonte: Helsinki Times
A Generalitat de Catalunya publicou a sexta unidade de “Fils de conversa”, co que xa hai dispoñibles máis de 180 actividades para promover a expresión oral mediante vídeos, audios e xogos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Co gallo do Día Internacional do Éuscaro, Euskarabidea organiza o ciclo cultural Gora Gora Fest 2021 composto por máis de 50 actividades nesta lingua, tanto presenciais como en liña, destinadas principalmente ao público infantil e xuvenil.
Os Premios de podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos" están dirixidos a alumnado de primaria (quinto e sexto curso) e secundaria de Galicia, así como de centros que imparten ensinanzas de galego de réxime xeral fóra da comunidade. Tamén pode participar o alumnado de 10 a 18 anos dos centros educativos públicos do norte de Portugal.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa que acolleu o Pazo de San Roque para presentar o último libro do pediatra e escritor Manuel Pombo, O can e o gato, editado por Editorial Galaxia co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Como cada 5 de novembro, o mundo celebra o Día Internacional da Lingua Romaní. Para marcar esta efeméride, Tatjana Anđelić, presidenta do Comité de Asuntos do Pobo Xitano do Consello de Europa apelou á protección, promoción e preservación da lingua romaní.
O Concello de Colunga votou en contra da cooficialidade da lingua asturiana, unha posición que defendían os grupos do PP e Cs.
Fonte: COPE
A editorial Mintzoa encontrou unha obra impresa do século XV con palabras en éuscaro. Á marxe dos manuscritos medievais, o achado sería o testemuño escrito máis antigo en lingua vasca.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Azpeitia buscar relacionar os habitantes da localidade coas persoas que chegan de fóra usando como punto de unión o éuscaro mediante a creación de parellas lingüísticas para poder reunirse, establecer unha conversa ou practicar o idioma.
Fonte: El Diario Vasco
Subscríbase ao boletín