Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de novembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto que acolleu o Pazo de San Roque de presentación da nova iniciativa que amplía a oferta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o Mes da Ciencia en galego.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de novembro de 2021

    O Taoiseach ou primeiro ministro da República de Irlanda anunciou o lanzamento dun programa de promoción do gaélico no seo das empresas.

    Fonte: The Irish Times

    05 de novembro de 2021

    Unha votación realizada na cidade de Allentown, en Pensilvania (EUA), resolveuse a favor de manter a lingua inglesa como idioma oficial. A localidade caracterízase por ter unha alta porcentaxe de residentes procedentes de países hispanos.

    Fonte: Axios 

    05 de novembro de 2021

    O ministro de Asuntos Exteriores de Romanía, Bogdan Aurescu, pediu ao seu homólogo ucraíno que deixe de se referir á lingua oficial da República Moldova como "moldovo" e empregue o termo "romanés".

    Fonte: Balkan Insight

    05 de novembro de 2021

    Como cada 5 de novembro desde 2006, o Brasil celebra o Día Nacional da Lingua Portuguesa.

    Fonte: Senado Federal

    05 de novembro de 2021

    O Concello da Pobra do Caramiñal entregoulles cadanseu lote de produtos culturais por valor de 100 euros ás gañadoras do concurso Galeguizando TikTok, un certame ao que se presentaron pezas audiovisuais en galego cuxo tema principal era o Día da Patria Galega.

    Fonte: Concello da Pobra do Caramiñal

    05 de novembro de 2021

    Axuntar, colectivo que defende que na zona occidental de Asturias se fala unha variedade do galego, reuniuse co director xeral de Política Lingüística do Principado para trasladarlle as súas propostas respecto á oficialidade das linguas na próxima reforma estatutaria.

    05 de novembro de 2021

    As Cortes Valencianas reclaman a posta en marcha de actuacións que garantan o dereito das persoas que residan nos territorios lingüísticos cataláns a accederen aos medios de comunicación nesta lingua.  

    Fonte: Levante-EMV

    05 de novembro de 2021

    O Goberno catalán anunciou a posta en marcha dun plan para a promoción do uso da lingua catalá nos centros educativos, ante o descenso progresivo do seu emprego por parte do alumnado e o profesorado nos últimos quince anos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    05 de novembro de 2021

    O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou, tras a reunión do Consello da Xunta, que a nova Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras -Edulingüe 2030- inxectará 83 millóns de euros no sistema educativo en catro anos para accións de alto impacto e especialización na aprendizaxe de idiomas.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder