Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de novembro de 2021

    Ao abeiro do programa Anduriña de integración cultural, o Concello de Silleda organiza cursos de galego de carácter gratuíto dirixidos a estudantes de Primaria e Secundaria.

    Fonte: La Voz de Galicia

    11 de novembro de 2021

    O Centro de Terminoloxía Termcat elaborou a versión en catalán da UNE-EN ISO 17100:2015, a norma internacional de calidade específica para servizos de tradución que ten como finalidade estandarizar e simplificar a relación entre a clientela e o provedor destes servizos.

    11 de novembro de 2021

    O Goberno vasco, co obxectivo de promover o uso do éuscaro como lingua de traballo do persoal sanitario así como na súa relación coa cidadanía, aspira a rexistrar a preferencia lingüística do 71 % da poboación o vindeiro ano, o que equivale a 1,5 millóns de persoas.  

    Fonte: El Independiente

    11 de novembro de 2021

    A Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), impulsada por Abanca, contará cun modelo bilingüe castelán-inglés, do que se exclúe o galego como lingua vehicular.

    Fonte: Nós Diario

    11 de novembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou A Coruña para inaugurar a exposición itinerante A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía, comisariada por Pepe Barro e organizada pola Fundación Rosalía de Castro co apoio da Xunta de Galicia, entre outras administracións.

    10 de novembro de 2021

    Chegar a casa é unha serie de 20 episodios da televisión pública portuguesa (RTP) que exclúe completamente en galego. O elenco de orixe portuguesa fala portugués mais o de orixe galega fala en castelán. A serie será emitida tamén na TVG.

    Fonte: Portal Galego da Língua

    10 de novembro de 2021

    Un estudo publicado na revista Nature revela que a orixe e dispersión das linguas transeuráriscas, como o xaponés, o coreano, o mongol ou o turco, se debe aos desprazamentos de agricultores do nordeste de Asia hai 9000 anos.

    Fonte: New Scientist   

    10 de novembro de 2021

    O sábado 13 de novembro realizarase en Cortes unha declaración coa que se pretende reivindicar o éuscaro como lingua propia de Navarra e denunciar a discriminación e o prexuízo que supón a zonificación para esta área.  

    Fonte: Plaza Nueva

    10 de novembro de 2021

    Un total de 200 persoas migrantes asistirá aos cursos de éuscaro e castelán gratuítos organizados polo Goberno de Navarra que teñen como obxectivo converter o coñecemento do idioma nunha ferramenta de inclusión.  

    Fonte: Gobierno de Navarra

    10 de novembro de 2021

    A nova edición do "Curso de auga salgada: Chegou o mar á ribeira" desenvolverase ao longo dos meses de novembro e decembro de 2021. Ten como obxectivo que persoas que xa saben galego perfeccionen a súa competencia lingüística a través do coñecemento do medio cultural e natural de Vigo e a súa relación histórica co medio mariño.  

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder