Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de novembro de 2021

    Representantes de arredor de 50 grupos e asociacións en defensa do gaélico irlandés mobilizáronse en Belfast para demandarlle ao secretario de Estado de Irlanda do Norte, Brandon Lewis, que actúe para garantir a aprobación dunha lei que protexa e promocione o idioma.

    Fonte: RTÉ

    16 de novembro de 2021

    Un total de cen axentes da policía de seguranza pública portuguesa domina a lingua de signos co fin de dar unha atención adecuada ás máis de cen mil persoas xordas que viven en Portugal.

    Fonte: RTP

    16 de novembro de 2021

    O Club de Debate é un proxecto colaborativo, promovido por varios concellos galegos, que ten como obxectivo a dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo, así como o fomento da fluidez comunicativa en galego, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade de opinións.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de novembro de 2021

    O ministro de Cultura e Deporte anunciou a posta en marcha de medidas na futura lei do audiovisual co obxectivo de incrementar a presenza do galego, o catalán e o éuscaro en plataformas dixitais como Netflix, HBO ou Filmin.

    Fonte: El Diario

    16 de novembro de 2021

    Santiago de Compostela acolleu a Asemblea Xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) os pasados 12 e 13 de novembro na que se trataron diferentes temas relacionados coa política lingüística. No que respecta ao galego, reclamouse a derrogación do Decreto do Plurilingüismo e a igualdade de todas as linguas cooficiais do Estado na futura lei do audiovisual.

    16 de novembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de homenaxe póstuma a Manuel Regueiro Tenreiro, director xeral de Política Lingüística da Administración autonómica entre os anos 1989 e 2000.

    15 de novembro de 2021

    A presidenta de Xeorxia, Salome Zurabishvili, pediulle á Unesco que institucionalice o Día Mundial das Linguas Caucásicas, incluíndo a lingua abkhaza.

    Fonte: AGENDA

    15 de novembro de 2021

    Con motivo do Día Nacional da Lingua de Signos Portuguesa, a Policía de Seguranza Pública de Portugal confirmou que vai colaborar coa Porto Editora para reforzar o coñecemento da lingua de signos a toda a poboación.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    15 de novembro de 2021

    O catalán deixou de ser residual na industria téxtil e a grandes marcas que inclúen etiquetaxe nesta lingua representan o 65 % da facturación do sector en España.

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    15 de novembro de 2021

    A Coordinadora de Asociacións da Lingua Catalá anunciou os cinco gañadores destes premios que recoñecen persoas, entidades ou empresas que destacan polo seu compromiso coa lingua e a cultura catalás.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder