Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de novembro de 2021

    A revista de videoxogos 3Dnassos resultou o proxecto vencedor do Premio Lingua Nacional deste ano, unha edición á que se presentaron catorce candidaturas de iniciativas que contribúen a estender o uso do catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    22 de novembro de 2021

    Cataluña, Baleares e a Comunidade Valenciana crean unha canle dixital para afianzar os lazos lingüísticos e culturais que as unen. Bon Dia TV convértese así nunha plataforma web para compartir contidos audiovisuais en lingua catalá.

    Fonte: El Diario

    22 de novembro de 2021

    A Xunta de Galicia inicia a segunda e última convocatoria de exames Celga deste 2021. En total, están inscritos case 1600 candidatos para a obtención dos Celga 4, 3 e 2, que se suman aos 1987 que participaron na primeira rolda de exames, a máis completa, que tivo lugar entre os meses de maio e xuño entre Santiago de Compostela e Ponferrada.

    19 de novembro de 2021

    Un grupo de profesoras da illa de Man elaborou un conxunto de pósters trilingües (en manés, gaélico escocés e irlandés) sobre varios temas co fin de que as persoas que aprenden a lingua manesa na illa de Man coñezan e fortalezan os vínculos culturais e lingüísticos con outros lugares de fala gaélica das illas británicas.

    19 de novembro de 2021

    Autoridades do departamento de Educación de Siria confirmaron que un total de 31 mil estudantes aprenderon ruso desde a posta en marcha do Proxecto Nacional de Ensino que impulsa a aprendizaxe deste idioma eslavo.

    Fonte: Prensa Latina

    19 de novembro de 2021

    Este convenio, que estará en vigor no período 2022-2024, é o segundo deste tipo que asinan as catro institucións e ten como obxectivo consensuar o marco de financiamento dos medios de comunicación integramente en éuscaro.

    19 de novembro de 2021

    Baixo o título Alzemos l'aragonés, o vídeo editado pola área de Política Lingüística da Comarca do Alto Gállego amosa o estado do aragonés na zona e o seu nivel de uso, así como a importancia de conservar esta lingua.

    Fonte: Heraldo

    19 de novembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura do coloquio internacional «Os Corpora Docvumentalia Latina da Península Ibérica no 25 aniversario de CODOLGA».

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de novembro de 2021

    O Teatro Dramático Real de Suecia, o máis importante do país escandinavo, presenta a obra Waiting for Godod, a primeira produción feita en lingua yiddish que se representa na historia do coñecido teatro.

    Fonte: Jewish Telegraphic Agency

    19 de novembro de 2021

    A Cámara de Representantes dos EUA aprobou unha lei que garante a incorporación de sinais en linguas estranxeiras nos aeroportos estadounidenses. O obxectivo é facilitar o tránsito de turistas estranxeiros.

    Fonte: Las Vegas Review Journal 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder