Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de novembro de 2021

    A Xunta de Galicia iniciará o vindeiro ano os traballos para elaborar un plan de dinamización que fomente o uso do galego nas prácticas deportivas. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no Parlamento de Galicia, onde respondeu varias preguntas relacionadas co seu departamento.

    25 de novembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Palma de Mallorca no seminario «Educación de inmersión: explorando o que funciona en contextos lingüisticamente diversos en Europa», dedicado aos modelos de ensino en comunidades de Europa con linguas en contacto.

    24 de novembro de 2021

    A nova ministra de Linguas Oficiais do Canadá, Ginette Petitpas Taylor, afirmou que o seu mandato garantirá a preservación das linguas indíxenas do Canadá e a promoción do francés en todo o país.

    Fonte: CBC

    24 de novembro de 2021

    A Cámara Lexislativa do Distrito Federal do Brasil aprobou a inclusión do español como lingua obrigatoria no ensino medio dos centros públicos.

    Fonte: Metrópoles

    24 de novembro de 2021

    Para festexar os 150 000 seguidores en TikTok, o espazo da CRTVG #DígochoEu anuncia a creación do Premio #DígochoEu, un concurso de vídeos aberto a todos os centros escolares de primaria e secundaria galegos ou de fóra de Galicia que impartan lingua galega.

    Fonte: CRTVG

    24 de novembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación das novas edicións que Editorial Galaxia en colaboración coa Xunta de Galicia elaborou das obras Camiño bretemoso, Remuíño de sombras e De cando o Suso foi carteiro, da autoría de Xosé Neira Vilas.

    24 de novembro de 2021

    Ata o 30 de novembro, o público poderá escoller as persoas gañadoras dos dous premios do público da segunda edición de Galetiktokers, o certame para impulsar a creatividade en galego entre a mocidade.

    Fonte: Concello de Ames

    24 de novembro de 2021

    O alto tribunal rexeita o recurso de casación presentado pola Generalitat contra unha sentenza que obrigaba a garantir que o castelán fose a lingua vehicular de, como mínimo, o 25 % das materias.

    Fonte: El País

    24 de novembro de 2021

    Plataformas audiovisuais como Netflix, HBO ou Amazon Prime Video deberán ofrecer un 6 % dos seus contidos en galego, catalán ou éuscaro. Así se recollerá na nova lei audiovisual que prepara o Goberno español, que ademais tamén obrigará a incorporar subtítulos nestas linguas sempre que sexa posible.

    Fonte: El Periódico

    24 de novembro de 2021

    A iniciativa, impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística municipal, expresa o compromiso das comunidades de montes de Redondela de usar o galego na súa documentación e de esixirlles ás empresas de xestión forestal que os seus escritos (contratos, avisos etc.) estean tamén nesta lingua.

    Fonte: Faro de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder