Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de decembro de 2021

    O xurado de Youtubeiras, o certame impulsado para fomentar a creación de contidos en galego en Youtube, entregou os galardóns da súa quinta edición nas diferentes categorías.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    01 de decembro de 2021

    Galicia Nomeada, a plataforma creada en 2019 pola Real Academia Galega e a Xunta, incorporou este outono 160 000 novos microtopónimos recollidos entre os anos 2000 e 2011 polo Proxecto Toponimia de Galicia.

    Fonte: Galicia Confidencial

    30 de novembro de 2021

    A Unión Europea decidiu retirar as novas directrices de uso de linguaxe inclusiva na Comisión Europea tras a oposición firme de varios políticos de dereita.

    Fonte: The Guardian

    30 de novembro de 2021

    A Deputación Foral de Biscaia puxo en marcha 'Ondarea, Berbetan', unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar a presenza do éuscaro nos museos forais mediante uns soportes físicos que mostrarán un alfabeto nesta lingua con termos que identifican cada museo. Ademais, as persoas visitantes disporán dun pequeno dicionario con estas palabras acompañadas do seu significado en castelán, inglés e francés.

    30 de novembro de 2021

    O Instituto de Estudos Cataláns incorporou neste ano 2021 á versión dixital do seu dicionario cen palabras e modificou outras 239. O ámbito da saúde é un dos que máis novidades achega a causa da pandemia, aínda que non é o único.

    Fonte: La Vanguardia

    30 de novembro de 2021

    A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o seu catálogo de propostas para agasallar en galego nas festas de Nadal, o máis extenso dos que ten publicado, entre as que se atopan libros, discos, xogos, roupa, complementos, alimentos etc.

    Fonte: Culturagalega.org

    29 de novembro de 2021

    A Eurorrexión Pireneos Mediterránea creou un grupo de linguas para impulsar o catalán e o occitano, que son as linguas propias dos territorios que engloba, isto é, Cataluña, Baleares e Occitania. Este grupo porá en marcha dous proxectos piloto: un para fomentar o seu uso entre a mocidade nas redes sociais e outro para intercambiar experiencias no ensino para adultos.  

    29 de novembro de 2021

    A iniciativa Arnas Dezagun ten como obxectivo denunciar a dispersión do alumnado falante de éuscaro, así como pedirlles ás Administracións e aos centros educativos que se garantan espazos vitais cómodos para comunicarse nesta lingua.  

    Fonte: Naiz

    29 de novembro de 2021

    Ante os recentes casos de discriminación, o Ministerio de Educación de Portugal anunciou que vai potenciar a concienciación do profesorado de ensino público sobre a diversidade do portugués e a tolerancia da variedade brasileira.

    Fonte: O Globo

    29 de novembro de 2021

    O ministro de Educación de Francia, Jean-Michel Blanquer, prometeu nunha feira sobre a aprendizaxe de linguas estranxeiras que apoiará o desenvolvemento do portugués no ensino.

    Fonte: Observador

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder