Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de decembro de 2021

    O Goberno vasco, as tres deputacións forais vascas, os concellos de Vitoria-Gasteiz, Bilbao e San Sebastián, EUDEL e UEMA acordaron unha declaración institucional con motivo do Día Internacional do Éuscaro, que se celebra o 3 de decembro, na que destacan a necesidade de gañar espazos para o uso desta lingua en ámbitos informais.

    02 de decembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu os 11 bolseiros e bolseiras que ata finais do 2023 traballarán en varios proxectos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

    02 de decembro de 2021

    A Xunta de Galicia vén de convocar o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, que ten como obxectivo estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado e as súas familias.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    02 de decembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do documental Buenos Aires, a capital do libro galego no exilio. O traballo audiovisual –guionizado, dirixido e producido por Xan Leira– conta co apoio da Xunta de Galicia e ofrece un repaso polo traballo da colectividade na diáspora para manter viva a edición en galego.

    02 de decembro de 2021

    A Xunta, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador convocan a XXVIII edición dos Premios de Publicidade en Galego correspondentes ao 2021 co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan xeral de normalización.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de decembro de 2021

    O Goberno da China iniciou unha campaña para promover o uso do chinés mandarín en detrimento doutros dialectos e linguas minorizadas como o tibetano ou o uigur.

    Fonte: RTP

    01 de decembro de 2021

    Un informe realizado polo comité de vixilancia de educación do País de Gales constata que o alumnado perdeu habilidades de expresión oral en galés durante o confinamento a causa da covid-19.

    Fonte: Nation Cymru

    01 de decembro de 2021

    Un estudo realizado pola empresa Preply predi que para o ano 2050 o País de Gales superará o millón de falantes de galés. Desde 2020, o país británico gañou 26000 novos falantes.

    Fonte: Business News Wales

    01 de decembro de 2021

    Sortearanse seis premios de 100 euros entre comerciantes e cidadáns que realicen as súas compras en éuscaro nos vindeiros días, para o cal deberán enviarse fotos do vendedor e o comprador por Whatsapp antes do 10 de decembro.

    Fonte: El Diario Vasco

    01 de decembro de 2021

    Este acordo ten como obxectivos fomentar un uso correcto do español na intelixencia artificial e garantir a unidade desta lingua con todas as súas variedades. A iniciativa enmárcase no proxecto LEIA que naceu para normativizar o bo uso do idioma nas máquinas.

    Fonte: Real Academia Española

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder