Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de marzo de 2022

    A asociación PuntoGal e a Mesa pola Normalización Lingüística acordan a promoción do dominio .gal para os establecementos adheridos ao proxecto Abertos ao Galego, de maneira que estes poidan facer o cambio de xeito gratuíto dos seus dominios web para .gal.

    Fonte: Código Cero

    18 de marzo de 2022

    A Xunta publicará a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega, os Celga. Como indica a convocatoria, a realización das probas dos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 está prevista, como é costume, para os meses de maio e xuño en Santiago de Compostela e Ponferrada.

    18 de marzo de 2022

    O xornal portugués Região Leiria creou unha sección en liña en lingua ucraína destinada ás persoas refuxiadas e á comunidade ucraína asentada en Portugal.

    Fonte: TSF

    17 de marzo de 2022

    O Monbus Obradoiro e a Fundación Heracles asinaron un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística polo que o club se comprometa a promover o uso do galego nas súas redes sociais e nos partidos.

    17 de marzo de 2022

    O vindeiro 6 de abril dará comezo unha nova edición do Carballo Interplay que continuará coa súa aposta polo talento feito en Galicia e en galego, xa sexa en redes sociais, no ámbito audiovisual ou en formato podcast.

    Fonte: Código Cero

    17 de marzo de 2022

    O prazo para a presentación de textos ao certame de relatos científicos Inspiraciencia permanecerá aberto ata o 22 de maio de 2022. Deberán estar escritos en galego, castelán, catalán ou éuscaro e abordar temas científicos. Como novidade, nesta edición haberá un premio especial para os relatos que traten sobre intelixencia artificial.  

    17 de marzo de 2022

    Plataforma per la Llengua e varios sindicatos poñen en marcha a segunda fase da campaña «Tots som referents lingüístics. No t'excusis!» que inclúe a publicación dunha guía con consellos para os docentes e a difusión nas redes sociais de vídeos humorísticos.

    Fonte: Alerta

    17 de marzo de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación das actividades do Día Mundial da Poesía, que se celebra na Insua dos Poetas o luns 21 de marzo, coincidindo coa efeméride establecida pola Unesco, co apoio da Xunta de Galicia, da Deputación de Ourense e do Concello do Carballiño.

    16 de marzo de 2022

    Un grupo de persoas investigadoras de Australia, Alemaña e os EUA revelou que a orixe da linguaxe humana podería estar na xesticulación e non nos gruñidos como se adoitaba pensar.

    Fonte: Phys.org

    16 de marzo de 2022

    Unha enquisa elaborada pola entidade Ireland Thinks revelou que un 65 % das persoas na República de Irlanda apoiaría que o gaélico acadase unha maior presenza na vida diaria. O estudo tamén revela que cada vez máis xente nova asocia a lingua co sentimento identitario.

    Fonte: The Journal

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder