Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de marzo de 2022

    A colección Esenciais é un recurso orientado a apoiar o traballo do profesorado e do alumnado nos seus diferentes roles. Trátase de resumir unha materia para elaborar unha guía de referencia que sirva para mellorar a comunicación lingüística en galego no eido científico.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    21 de marzo de 2022

    O colectivo Galeguizar Galicia desenvolverá ao longo dos meses de marzo e abril diferentes actos de promoción do galego nos ámbitos xurídico e económico no Porriño, Vigo e Ourense.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de marzo de 2022

    O Goberno de Navarra subscribiu un convenio de colaboración coa Universidade Vasca de Verán, por un importe de case 30 000 euros, para o financiamento de actividades formativas en éuscaro de temática variada e de alta calidade.

    21 de marzo de 2022

    O Goberno do Quebec aprobou un novo plan que garantirá a protección e promoción da lingua francesa no resto de provincias canadenses.

    Fonte: CKPGToday

    21 de marzo de 2022

    O Camões - Instituto da Cooperación e da Lingua Portuguesa e a editora Lidel - Edições Técnic asinaron o seu protocolo de promoción da lingua portuguesa para o bienio 2022-2023.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    18 de marzo de 2022

    As rúas da cidade escocesa de Edimburgo poderán levar o nome de poetas e outros persoeiros que axudaron a protexer e revitalizar a lingua gaélica.

    Fonte: Edinburgh Live

    18 de marzo de 2022

    Un estudo sobre racismo elaborado polo Centro de Estudo e Formación Intercultural e Social (Cefis) e o Instituto Luxemburgués de Investigación Socioeconómica (Liser) revelou que a principal causa de discriminación cara á poboación estranxeira no Gran Ducado é o descoñecemento da lingua luxemburguesa.

    Fonte: Contacto

    18 de marzo de 2022

    Unha colaboración da Representación da Comisión Europea en Portugal e a Asociación Be Human permitiu crear a plataforma "SPEAK For Ukraine" que ten por meta axudar as persoas refuxiadas procedentes de Ucraína a que superen a barreira lingüística e creen unha rede informal de apoio.

    Fonte: Comissão Europeia 

    18 de marzo de 2022

    Segundo a medición realizada pola Mancomunidade de Municipios Euscaldúns, Uema, e o Clúster de Sociolingüística en 2021, nos concellos co 80 % da poboación falante de éuscaro o emprego desta lingua descende.  

    Fonte: Diario Vasco

    18 de marzo de 2022

    Movistar+ ofreceu arredor de 1600 películas e 2359 capítulos de 265 series con subtítulos en éuscaro, segundo os datos ofrecidos ao Parlamento vasco, no marco do convenio con esta plataforma de televisión dixital. O obxectivo do acordo é fomentar a presenza desta lingua, así como a creación de contidos e o seu uso no contorno dixital.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder