Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de decembro de 2021

    Ao abeiro do programa Apego, esta serie de crebacabezas inclúe imaxes acompañadas cos nomes en galego de diferentes profesións co obxectivo de proporcionar materiais lúdicos que faciliten a socialización en lingua galega dos máis pequenos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    14 de decembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da xa tradicional xira que a Xunta de Galicia, Bolanda Edicións, Gadis e TVG preparan cada ano e que levará este Nadal a familia Bolechas polos concellos de Santa Comba, Vimianzo, Abadín, Verín, Viana do Bolo, Negreira, Trazo e As Pontes de García Rodríguez.

    13 de decembro de 2021

    A Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD, polas súas siglas en portugués) creou a súa primeira cátedra José Saramago, único Premio Nobel de Literatura en Lingua Portuguesa. O centro de estudos da cátedra localizarase en Vila Real e estará dedicado á docencia, investigación e acción cultural.

    Fonte: TSF

    13 de decembro de 2021

    Ao abeiro desta iniciativa repartiranse cartas dos Reis Magos en papel, acompañadas de material didáctico complementario, e ofrecerase a posibilidade de descargala en internet a través dunha plataforma que contén, ademais, actividades adicionais como xogos e cancións.

    Fonte: Ayuntamiento de Novelda

    13 de decembro de 2021

    Esta declaración, que leva por título 'Euskarak arnas berri', foi aprobada por unanimidade pola corporación municipal e ten como obxectivos fomentar o uso do éuscaro máis alá dos espazos habituais e apoiar unha práctica moito máis xeneralizada desta lingua.

    Fonte: Diario Vasco

    13 de decembro de 2021

    O grupo CienciaNOSA organiza un curso en liña de química cun enfoque experimental e baseado en prácticas de laboratorio. Cada tema ofrece un resumo cos principais conceptos, así como unha serie de recursos audiovisuais que inclúen experimentos de laboratorio e un cuestionario para que cada estudante comprobe o seu progreso.

    13 de decembro de 2021

    O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou os resultados das obras realizadas no Pazo de Moldes, casa natal de Antón Losada Diéguez, que vén de ser reformado e acondicionado co apoio da Xunta.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de decembro de 2021

    A organización a prol do gaélico irlandés, Conradh na Gaeilge, pediulle á Organización das Nacións Unidas que apoie a aprobación inmediata de lexislación que garanta e protexa os dereitos das persoas que falan gaélico irlandés en Irlanda do Norte.

    Fonte: The Irish News

    10 de decembro de 2021

    A Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas de Portugal informou de que os escritores de lingua portuguesa, Cecília Ferreira, Miguel Szymanski, José Eduardo Agualusa e Gonçalo M. Tavares recibirán axudas para traducir algunhas das súas obras ao francés.

    Fonte: SAPO 24

     

    10 de decembro de 2021

    Co fin de fortalecer os vínculos culturais e lingüísticos cos pobos orixinarios, cada vez máis familias de Nova Zelandia escollen nomes de orixe maorí para os fillos e fillas.

    Fonte: The Guardian

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder