Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de marzo de 2022

    A Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto de lei que establece que os municipios brasileiros que teñen comunidades quilombolas poden recoñecer as linguas afrobrasileiras como cooficiais.

    Fonte: Câmara dos Deputados

    28 de marzo de 2022

    O municipio galés de Caerphilly, no sur do País de Gales, aprobou unha estratexia para os próximos cinco anos que ten por obxecto incrementar o número de familias que falen galés na casa.

    Fonte: Wales Online 

    25 de marzo de 2022

    A asociación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith demandou que o colectivo de profesionais da saúde poida recibir formación gratuíta en lingua galesa.

    Fonte: Nation Cymru

    25 de marzo de 2022

    O Goberno de Lituania aprobou unha medida pola que exime as persoas refuxiadas de Ucraína da obrigatoriedade de falar lituano para poder traballar. A medida terá unha duración de dous anos.

    Fonte: Delfi

    25 de marzo de 2022

    A Escola de Linguas e Culturas Estranxeiras da Universidade de Tartu (Estonia) organizará a inicios de agosto cursos de verán de lingua estoniana. Unha media de 50 ou 60 estudantes asiste cada ano a estes cursos.

    Fonte: Estonian World

    25 de marzo de 2022

    O municipio de Newport, no sur do País de Gales, aprobou unha nova estratexia de cinco anos para a promoción do ensino e uso da lingua galesa.

    Fonte: South Wales Argus

    25 de marzo de 2022

    O 52,8 % do cadro de persoal do Servizo Vasco de Saúde acreditou xa o nivel de éuscaro esixido na súa praza, un feito que, sen dúbida, mellorará a asistencia sanitaria en lingua vasca, xa que cada vez hai máis persoas que demandan relacionarse neste idioma co sistema sanitario.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    25 de marzo de 2022

    En Navarra, o modelo D de ensino en éuscaro conseguiu un total de 1480 preinscricións en 3 anos para o curso 2022-23, o que supón un descenso do 5,8 % con respecto a este curso debido, en gran medida, ao descenso da natalidade.

    Fonte: Noticias de Navarra

    25 de marzo de 2022

    Rexistrouse no Parlamento unha proposición non de lei para modificar a Lei de política lingüística, de maneira que se admite o castelán como lingua vehicular, xunto co catalán, no ensino e que ambas estean presentes no currículo e nos proxectos lingüísticos dos centros educativos.

    25 de marzo de 2022

    Estas subvencións, por valor de 220 000 euros, están dirixidas a entidades sen fins de lucro e aos concellos co obxectivo de que poñan en marcha actividades de dinamización da lingua galega durante este ano 2022.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder