Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de marzo de 2022

    O Goberno de Lituania adaptará o seu sistema educativo e introducirá clases de ucraíno no currículo para que o alumnado refuxiado procedente de Ucraína poida seguir estudando na súa lingua materna.

    Fonte: The Mayor

    30 de marzo de 2022

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou na presentación da programación das Letras Galegas 2022. Trátase dun amplo abano con máis de 150 actividades dedicado á figura do poeta, tradutor, editor, escritor e activista Florencio Delgado Gurriarán.

    30 de marzo de 2022

    O primeiro ministro da República de Irlanda, Micheal Martin, declarou que o Reino Unido debe cumprir os seus compromisos coa lingua irlandesa en Irlanda do Norte e aprobar lexislación que garanta a súa protección.

    Fonte: Irvine Times

    29 de marzo de 2022

    O Premio Fernão Mendes Pinto (PFMP 2022) da Asociación de Universidades de Lingua Portuguesa (AULP, polas súas siglas en portugués) recompensará con 8000 euros os traballos que contribúan á aproximación entre países pertencentes á Comunidade de Países de Lingua Oficial Portuguesa (CPLP).

    Fonte: Universidade Federal do Pará

    29 de marzo de 2022

    A VII edición do Certame Literario en Galego terá como temática o Camiño de Santiago e conta con tres categorías: infantil (ata 14 anos), xuvenil (entre 14 e 18 anos) e adulta (a partir de 18).

    Fonte: La Nueva Crónica

    29 de marzo de 2022

    O edificio Kulturola de Arrasate foi o escenario da entrega do premio Abbadia Saria que recibiu o Grupo Fagor, un galardón co que se recoñece o labor colectivo realizado por esta entidade a prol da normalización do uso do éuscaro no lugar de traballo.

    Fonte: Donostitk

    29 de marzo de 2022

    Un total de quince empresas e centros formativos asinaron o seu compromiso de adhesión ao proxecto Landue para o fomento do éuscaro no ámbito socioeconómico, unha iniciativa posta en marcha hai un ano pola Mancomunidade de Durangaldea, xunto coa Deputación Foral de Biscaia e o Goberno vasco.

    29 de marzo de 2022

    As Residencias Artísticas Mariñán supoñen unha aposta da Deputación da Coruña por fomentar a creación en galego, que terá neste 2022 a produción musical e literaria como principal motivo.

    Fonte: Galicia Confidencial

    29 de marzo de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Centro Cultural do Porriño no acto de celebración do 70 aniversario do Almanaque Agrícola ZZ, organizado polo Foro Enrique Peinador en colaboración coa Xunta de Galicia, o Concello do Porriño e a multinacional farmacéutica Syngenta.

    29 de marzo de 2022

    Coincidindo co 22 cabodano de Ricardo Carvalho Calero e, asemade, coa súa toma de posesión como catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) hai 50 anos, a Xunta, o Parlamento de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentaron en rolda de prensa o volume Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa, da autoría de Pilar García Negro e Manuel Castelao Mexuto.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder