Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de abril de 2022

    A manifestación, convocada por parte da comunidade educativa, tiña como obxectivo rexeitar o cambio da lei de política lingüística e esixir que se blinde a inmersión en catalán nas escolas.

    Fonte: Público

    04 de abril de 2022

    O Premio Morales ten catro categorías: debuxo inspirado no poema ‘A Santísima Virgen da Quinta Angustia’ (para infantil e primaria), peza literaria relacionada coa mesma obra (categorías diferenciadas para alumnado de secundaria e bacharelato ou da Escola Oficial de Idiomas e maiores de idade) e proposta de normalización lingüística centrada no Bierzo (público xeral).

    04 de abril de 2022

    A Xunta de Galicia vén de dar un paso máis para a posta en marcha do II Mapa de Bibliotecas Públicas de Galicia, a ferramenta posta a disposición dos concellos que permite amosar a situación actual e facer diagnose de necesidades bibliotecarias de cada municipio.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de abril de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do XXX Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras 2022, na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de abril de 2022

    A Comisión Europea acaba de habilitar unha liña de atención telefónica en ucraíno e ruso para cuestións relacionadas coa axuda destinada a Ucraína.

    Fonte: European Commission

    04 de abril de 2022

    A asociación CIVITAS de Braga e a Universidade do Miño, a través do seu centro de linguas, anunciou que ofrecerá prazas gratuítas de portugués como lingua estranxeira a persoas refuxiadas procedentes de Ucraína.

    Fonte: Diário do Minho

    02 de abril de 2022

    O Perú financia a retransmisión de tres programas de noticias, Ñuqanchik, Jiwasanaka e Ashi Añame, que serven para difundir e promocionar o uso de tres linguas orixinarias: o quechua, o aimará e o asháninka.

    Fonte: DW

    01 de abril de 2022

    A oficina encargada da inspección educativa da lingua galesa, Estyn, cualificou como excelente o servizo de ensino de galés para persoas adultas da Universidade de Bangor.

    Fonte: North Wales Chronicle

    01 de abril de 2022

    Segundo a análise realizada no primeiro cuadrimestre ao abeiro da campaña "La universitat, en català!", impulsada pola Plataforma per la Llengua, a FNEC, o SEPC e o BEA, o 58 % das queixas débese a cambios da lingua de docencia; o 24 %, por falta de materias en catalán; e o 18 %, por vulneración doutros dereitos lingüísticos.

    01 de abril de 2022

    O Canadá conmemora o seu Día Nacional das Linguas Indíxenas e convida todas as persoas, pertenzan ou non ás comunidades orixinarias, a se concienciaren a favor da revitalización e protección das idiomas nativos canadenses.

    Fonte: The Conversatation

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder