Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de abril de 2022

    Este novo decreto, que o Goberno vasco pretende aprobar a principios de 2023, quere incorporar as sociedades dependentes do sector público vasco ás condicións que se establecen na normativa vixente relativas aos requisitos sobre o coñecemento do éuscaro e o castelán.

    Fonte: Deia

    06 de abril de 2022

    O uso do galego incrementouse nos últimos anos nos Traballos Fin de Grao (TFG) e Fin de Mestrado (TFM) na Universidade de Santiago. As mellores cifras acádanse nos estudos de posgrao, co 28,14 % dos TFM redactados nesta lingua, porcentaxe que se eleva ao 30 % nas defensas orais.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    06 de abril de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, presentaron o proxecto A literatura galega nas súas voces, impulsado pola AELG ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

    05 de abril de 2022

    Un estudo revela que unha boa parte das investigacións que se realizan no mundo sobre biodiversidade non transcenden no ámbito científico porque están escritas nas linguas locais e normalmente non se traducen ao inglés.

    Fonte: The Guardian

    05 de abril de 2022

    A Comisión da Lingua de Guernsey acaba de designar un presidente que se ocupará de desenvolver e promocionar a lingua vernácula da illa de Guernsey, o chamado guernésiais ou francés de Guernsey.

    Fonte: BBC

    05 de abril de 2022

    Este fondo común, de 1 930 000 euros, empregarase para impulsar a euscaldunización de persoas adultas, para o que se continuarán os traballos de creación do perfil de nivel B2 en Iparralde e se mellorará o tradutor éuscaro-francés desenvolvido polo Goberno vasco.

    Fonte: Noticiero Universal

    05 de abril de 2022

    A Fundación Vincle gravou un vídeo no que representantes de catro empresa de éxito explican a rendibilidade de facer negocios en catalán, con argumentos baseados na súa experiencia profesional.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    05 de abril de 2022

    O xurado dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego, organizados desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, deu a coñecer os galardoados da súa terceira edición.

    Fonte: Galicia Confidencial

    05 de abril de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mesa redonda «A lei de Normalización Lingüística de Galicia: historia, desenvolvemento e desafíos», enmarcada nas II Xornadas A lingua galega e a filosofía, que organiza a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

    04 de abril de 2022

    Un centenar de persoas manifestouse en Palma convocadas por Enllaçats per la Llengua, á que se adheriron 17 entidades, polo dereito a vivir en catalán.

    Fonte: Última Hora

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder