Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de xaneiro de 2022

    A sede da Real Academia Galega acolleu a presentación da versión en galego da terceira novela de Emilia Pardo Bazán, La Tribuna, traducida por Valeria Pereiras grazas á colaboración entre o Concello da Coruña e a Fundación Luzes.

    Fonte: Culturagalega

    03 de xaneiro de 2022

    Bruxelas actualiza o status do gaélico irlandés e outórgalle a plena oficialidade dentro da Unión Europea. A partir de agora todos os documentos serán traducidos ao gaélico, de igual xeito que xa se facía coas outras 23 linguas oficiais da UE.

    Fonte: DW

    03 de xaneiro de 2022

    Tras unha decisión do pasado mes de maio que prohibía a inmersión como método de ensinanza, unha circular do Ministerio de Educación acaba de autorizar este tipo de modelo educativo de inmersión nas linguas rexionais francesas.

    Fonte: France Bleu

    03 de xaneiro de 2022

    O profesorado da escola infantil Bimbi in Allegria de Cagliari falará exclusivamente en sardo, agás media hora á semana que se dedicará ao inglés, e non usará nunca o italiano.

    Fonte: AGI

    03 de xaneiro de 2022

    Quince entidades sen ánimo de lucro desenvolveron 28 proxectos de promoción do éuscaro que recibirán un total de 90 000 euros do Concello de Pamplona.

    Fonte: Navarra Televisión

    03 de xaneiro de 2022

    Plataforma per la Llengua editou unha guía en inglés, francés e alemán para dar a coñecer a realidade lingüística do catalán. A publicación enviarase a máis de 240 puntos de todo o mundo, entre os que figuran universidades, delegacións catalás no estranxeiro ou entidades internacionais.

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    03 de xaneiro de 2022

    O Concello de Elgoibar organiza un curso especial de éuscaro de 60 horas de duración, denominado AISA, para que as persoas que levan pouco tempo no País Vasco aprendan esta lingua.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    03 de xaneiro de 2022

    A Deputación de Pontevedra publicou as bases do programa Musigal 2022, unha iniciativa que ten como obxectivo contribuír á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de xaneiro de 2022

    A Deputación da Coruña publicou a convocatoria de axudas, destinada ás entidades locais da provincia, para a creación, mantemento e reforzo dos seus servizos de normalización lingüística durante o ano 2022.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de xaneiro de 2022

    A Rede de Dinamización Lingüística pecha o ano cun balance de máis de 700 accións de fomento do galego (exposicións, recitais, concertos, representacións...) que chegaron a 225 lugares diferentes.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder