Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de abril de 2022

    A sesión plenaria do Consello Rexional da Bretaña permitirá pola primeira vez que os discursos que se fagan en bretón ou galó poidan ser interpretados simultaneamente ao francés.

    Fonte: 20 minutes

    12 de abril de 2022

    A Oficina Pública da Lingua Vasca de Iparralde (OPLB, polas súas siglas en francés) aprobou, co apoio do Goberno do País Vasco, un fondo común de dous millóns de euros para relanzar, despois da covid-19, a política lingüística de promoción do éuscaro no País Vasco francés.

    Fonte: Sud Ouest

    12 de abril de 2022

    Promoción cultural y Traducción. Ferias internacionales del libro e invitados de honor é o título do volume editado polas profesoras Carmen Villarino da Universidade de Santiago e Iolanda Galanes e Ana Luna, da Universidade de Vigo.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    12 de abril de 2022

    O TSXG recoñeceu o dereito dun cidadán a ser atendido en galego e declarou nulos os actos administrativos efectuados pola Axencia Tributaria en castelán.

    Fonte: Nós Diario

    12 de abril de 2022

    Unha enquisa do Centro de Estudos de Opinión mostra que, entre a dobraxe ao catalán ou ao castelán e o subtitulado en catalán ou castelán, un 62 % da poboación de Cataluña prefire a dobraxe de películas ou series.

    Fonte: La Vanguardia

    12 de abril de 2022

    Florencio Delgado Gurriarán. O soño da Galicia infinda é o título da serie documental coa que a RAG quere homenaxear o poeta valdeorrés ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

    Fonte: Real  Academia Galega

    12 de abril de 2022

    A organización Iniciativa pol Asturianu entregoulles en Mieres ás Tanxugueiras a distinción de Embaixadoras da Lingua Asturiana. O trío galego, ademais, mostrou o seu apoio á oficialidade durante a celebración dun concerto.  

    Fonte: Asturies.com

    12 de abril de 2022

    Compendium.cat, o novo portal xurídico catalán, é unha ferramenta gratuíta e fácil de usar. Pretende contribuír á normalización do uso da lingua catalá no ámbito da xustiza e converterse en referente da linguaxe xurídica.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    12 de abril de 2022

    Coa sinatura do convenio de colaboración para redactar o Diccionario histórico de la lengua española (DHLE), comeza unha nova etapa deste proxecto que contará co traballo de investigación de expertos na historia da lingua.

    Fonte: Galicia Confidencial

    11 de abril de 2022

    O ano pasado medrou en Finlandia o número de falantes de linguas estranxeiras en máis de 25000 persoas mentres que diminuíu o número de persoas que fala calquera das tres linguas oficiais do país nórdico: finlandés, sueco e saami. Esta cifra é a máis elevada na historia de Finlandia como país independente.

    Fonte: YLE

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder