O programa de axudas en materia de éuscaro para 2022 deste concello xa está en marcha. As actividades que se poden subvencionar inclúen, entre outros, cursos organizados por universidades, plans para o uso desta lingua nas empresas da localidade ou a instalación de rótulos identificativos en comercios.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O comisario de Linguas Oficiais do Canadá, Raymond Théberge, declarou que todos os eventos emitidos en vivo na páxina de Facebook do primeiro ministro Justin Trudeau deben estar tanto en inglés como en francés para así poder respectar o acordado na Lei de Linguas Oficiais.
Fonte: Castlegar News
Grazas ao traballo da asociación Afûk, a lingua frisoa conseguiu progresar como lingua comunitaria na rexión neerlandesa de Frisia.
Fonte: Global Voices
O deputado foral de Facenda e Finanzas de Guipúscoa afirma que a campaña da renda é unha boa oportunidade para apostar polo éuscaro, tanto nas oficinas como na presentación da declaración por internet. Así, avanza no seu obxectivo para conseguir que, en 2023, 100 000 guipuscoanos e guipuscoanas se relacionen con Facenda nesta lingua.
A Dirección Insular de Política Lingüística publicou dúas convocatorias de axudas para impulsar o uso do catalán, unha para empresas e outra para entidades, destinadas a etiquetaxe, materiais impresos, rótulos, cartas de restaurantes, páxinas web, aplicacións móbiles, códigos QR etc.
O Concello de Pontevedra e a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega dos IES e CIFP de Pontevedra organizan "Ben veñas, maio", un certame que ten como obxectivo impulsar a creatividade e o uso do galego entre a xente nova.
Fonte: Concello de Pontevedra
O Concello de Vigo organiza o certame "Xoga en galego", un concurso de creación de xogos de mesa en galego destinado ao público infantil e familiar para o que se establecen dúas categorías: unha para participantes a título individual ou grupos informais, e outra para grupos formais (escolas, asociacións...).
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha nova plataforma dixital para o ensino da lingua luxemburguesa permitirá ás persoas portuguesas e de calquera nacionalidade aprender luxemburgués en liña de xeito gratuíto.
Fonte: Contacto
O incremento dos trámites burocráticos despois do Brexit e o impacto da pandemia da covid-19 son dous dos motivos que explican por que os escolares estranxeiros están deixando de vir ao Reino Unido para aprenderen inglés. Esta situación podería pór en risco 40 000 postos de traballo.
Fonte:The Guardian
Na última reunión de traballo deste proxecto fixáronse as liñas de traballo para o futuro, entre as que destaca a visita a empresas para presentarlles a iniciativa, de cara a realizar un diagnóstico da situación lingüística de cada unha e adquirir novos compromisos.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín

