Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de xaneiro de 2022

    O BabeliUM, Centro de Linguas da Universidade do Miño, ofrece este inverno unha formación intensiva de varios idiomas como o alemán, francés e inglés no campus de Gualtar en Braga.

    Fonte: O Minho

    14 de xaneiro de 2022

    A partir de 2024, o Goberno do Reino Unido introducirá unha reforma do Certificado Xeral de Educación Secundaria (GCSE, polas súas siglas en inglés) que pretende facer máis atractivo o estudo de linguas para o alumnado.

    Fonte: GOV.UK

    14 de xaneiro de 2022

    Este centro donostiarra de investigación realizou un estudo que conclúe que a ortografía afecta á forma de percibir unha lingua por parte de persoas bilingües, mesmo se os falantes adquiriron un código lingüístico durante a infancia.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    14 de xaneiro de 2022

    A campaña «Regálalles o éuscaro e chegarán moi alto / Euskararekin, gora eta gora beti!», que se desenvolverá na segunda quincena de xaneiro, ten como obxectivo crear un contexto favorable ao éuscaro e á súa aprendizaxe e está dirixida ás familias navarras con fillas e fillos menores.

    13 de xaneiro de 2022

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa «Nós tamén creamos!» para o curso académico 2021/2022.

    13 de xaneiro de 2022

    A Consellería de Educación concedeu o primeiro Premio Boas de Educación Inclusiva ao IES de Melide por un glosario dixital, adaptado á lingua de signos, con terminoloxía da familia profesional da carpintería e o moble. O catálogo inclúe 200 termos en galego e castelán.

    Fonte: La Voz de Galicia

    13 de xaneiro de 2022

    O Goberno de Aragón e a Comarca de Sobrarbe convocan un ano máis o Premio Espiello Agora x l’aragonés que conta con dúas categorías, unha xeral e outra escolar, que recoñecen os mellores audiovisuais en aragonés do 2021.  

    Fonte: El Periódico de Aragón

    13 de xaneiro de 2022

    O Pacto Nacional pola Lingua é un acordo que vai marcar as futuras políticas lingüísticas en Cataluña. Busca establecer un diagnóstico común sobre o estado do catalán que facilite o traballo conxunto das institucións, os grupos políticos e a sociedade co obxectivo de aumentar o seu uso e coñecemento.

    12 de xaneiro de 2022

    A activista galesa Angharad Tomos e outros dous columnistas do xornal Yr Herald Cymraeg pediron aos lectores que leven a cabo unha protesta sobre a redución dos contidos en galés co fin de evitar que o diario desapareza.

    Fonte: Nation Cymru 

    12 de xaneiro de 2022

    Segundo o antropólogo lingüístico Piers Kelly, da Universidade de Nova Inglaterra, Australia, a escritura Vai, creada en 1834 por oito persoas analfabetas de Liberia podería darnos pistas sobre como evolucionou a escrita humana.

    Fonte: Science Alert

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder