Novas

O luns 25 de abril finaliza o prazo para a presentación de proxectos á convocatoria do fondo de proxectos culturais ‘TeCe Redes en galego’
21 de abril de 2022

O luns 25 de abril finaliza o prazo para a presentación de proxectos á convocatoria do fondo de proxectos culturais ‘TeCe Redes en galego’

O prazo para presentar proxectos á convocatoria do fondo “TeCe Redes en Galego” remata o luns 25 de abril. Trátase da primeira edición deste novo repositorio de proxectos dixitais e servizos presenciais creado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Dotado cunha cantidade inicial de 500 000 euros, esta iniciativa nace co obxectivo de fornecer de materiais e actividades a través dun programa de dinamización lingüística e de transmisión xeracional dirixido a un público infantil, xuvenil e familiar.

Todas as empresas, cooperativas e profesionais do sector cultural, creativo e artístico vinculadas cos procesos de dinamización da lingua galega no desenvolvemento da súa actividade poderán presentar as súas solicitudes ata o 25 de abril a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste senso, outra novidade respecto das anteriores convocatorias é que a devandita solicitude non se presenta como tal a través do procedemento PR004A, senón que se elaborará a través da aplicación web dispoñible no Portal da Lingua Galega.

As bases completas, así como o a guía do procedemento de participación, poderán consultarse no Portal da Lingua Galega. Ademais, as persoas interesadas poderán dirixir as súas dúbidas e consultas ao teléfono 687 041 884 ou ao correo electrónico tcr-galego@xunta.gal.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

 

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder