Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de abril de 2022

    O Concello de Narón organiza un total de seis espectáculos ao abeiro do proxecto Apego para os meses de abril, maio e xuño. Trátase de actividades dirixidas a menores de 6 anos e as súas familias coas que se pretende fomentar a transmisión do galego como lingua inicial.

    Fonte: Concello de Narón

    15 de abril de 2022

    A Xunta de Galicia vén de anunciar os nomes dos gañadores das mellores declaracións de amor en galego presentadas nesta undécima edición do certame “Lingua de namorar”. Un total de 132 mozas e mozos de entre 14 a 35 anos participaron neste concurso que procura dinamizar o uso da lingua galega entre a xuventude, tanto nas súas relacións persoais como na internet.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de abril de 2022

    Preténdese así animar a cidadanía a relacionarse coa Administración en éuscaro, xa que, malia que nos últimos anos se incrementou o número de persoas que fan a declaración da renda nesta lingua, existe marxe de mellora tendo en conta a realidade sociolingüística da comarca.

    Fonte: Diario Vasco

    15 de abril de 2022

    A Xunta de Goberno Local aprobou destinar 96 000 euros á convocatoria de axudas para proxectos de promoción do éuscaro en ámbitos como o lecer, o deporte e os medios de comunicación locais.

    Fonte: Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz

    15 de abril de 2022

    Pontevedra acolle a celebración do décimo aniversario do Galegote Rock, o festival de música en directo que ten como obxectivo dar a coñecer intérpretes e grupos musicais que usan o galego nas súas cancións.

    Fonte: Culturagalega.org

    13 de abril de 2022

    A consolidación de persoal interino, que ten como obxectivo reducir a temporalidade na Administración vasca (que alcanza o 40 %), deixou ao descuberto a realidade dalgúns traballadores e traballadoras que non poden acreditar o perfil lingüístico esixido para o seu posto.

    Fonte: Cadena SER

    13 de abril de 2022

    IB3, a radiotelevisión autonómica das Illas Baleares, cobrará máis barata a publicidade que se faga en catalán, unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar a realización de anuncios nesta lingua, principalmente, os destinados ao público máis novo.  

    Fonte: Diario de Mallorca

    13 de abril de 2022

    O primeiro ministro de Letonia, Krisjanis Karins, declarou que a guerra de Ucraína pode axudar a unir a sociedade letoa e eliminar as diferenzas que existen entre as diferentes comunidades lingüísticas que integran o país báltico.

    Fonte: The Baltic Times

    13 de abril de 2022

    A cidade de Donostia-San Sebastián acolleu o final da Korrika, a carreira a prol do éuscaro que chegou á cidade vasca tras percorrer 2500 quilómetros por diferentes puntos de toda Euskal Herria.

    Fonte: SER

    13 de abril de 2022

    Nunha misa dirixida á comunidade católica galesa en Londres, o Papa Francisco animou a cidadanía galesa a falar e preservar a lingua galesa e inspirar outras persoas a que sigan o mesmo camiño.

    Fonte: Nation Cymru

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder