Especialistas da Universidade Nacional Autónoma de México desenvolven un programa para traducir de xeito autómatico linguas indíxenas como o náhuatl ao español.
Fonte: Luces de Siglo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Especialistas da Universidade Nacional Autónoma de México desenvolven un programa para traducir de xeito autómatico linguas indíxenas como o náhuatl ao español.
Fonte: Luces de Siglo
O presidente da República de Irlanda, Michael D Higgins, asinou a nova lei en materia lingüística que garante que o 20 % dos cargos públicos contratados en institucións estatais sexan competentes en gaélico irlandés.
Fonte: The Irish Times
Segundo datos do Instituto de Políticas Migratorias dos Estados Unidos de América, o portugués é a terceira lingua máis falada nos estados americanos de Massachusetts, Connecticut e Rhode Island. En todo o país, a lingua de Camões é falada por 846 mil persoas.
Fonte: Gazeta Brazilian News
Varias salas de cinema en Galicia estrearon Valentina, unha aventura de animación musical cunha nena con síndrome de Down. O filme estréase na súa versión orixinal en galego e tamén nunha versión en castelán.
Fonte: Praza Pública
Ikea volve escoller a lingua asturiana para se dirixir á súa clientela. Esta vez a multinacional empregou a lingua vernácula nunha publicidade da súa tenda de Siero, Asturias.
Fonte: La Voz de Asturias
O consello reitor do padroado municipal das Festas de Castelló de la Plana aprobaron os novos estatutos nos que se contempla que o valenciano sexa a lingua oficial.
Fonte: 20 minutos
Un acordo entre o Consorcio pola Normalización Lingüística e as empresas Abacus e Juguettos permitirá ampliar a oferta de xogos e xoguetes en lingua catalá para este nadal. O acordo realizouse no marco do convenio "E ti, xogas en catalán?".
Fonte: Generalitat de Catalunya
A plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova presentou un recurso no Concello de Celanova no que denuncia que a empresa interesada en construír o novo parque eólico Monte da Neve, nos concellos de Celanova e Verea, presentou documentación de interese público en lingua inglesa.
Fonte: Galicia Confidencial
A Cidade a Cultura de Galicia pecha 2021 cun máximo histórico no número de participantes nas actividades do seu programa cultural, cun total de 229 462, o que representa un incremento dun 20 % respecto ao 2019.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación de Docentes de Portugués en Galicia (DPG, polas súas siglas en portugués) demandou ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que se incremente o número de prazas de portugués nas oposicións e que, por primeira vez, se dispoña de profesorado de portugués no ensino primario.
Fonte: Nós Diario
Subscríbase ao boletín