O Goberno insular destinará 350.000 á convocatoria de subvencións para a produción cultural en catalán, o que supón un aumento de 50.000 euros respecto ao ano pasado. En concreto, estas axudas buscan fomentar a produción e a edición, en formato físico e dixital, de libros, audiolibros e fonogramas nesta lingua.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A deputada de Éuscaro, Cultura e Deporte fixo balance dos datos de uso desta lingua no ámbito deportivo no territorio biscaíño ao abeiro do programa BIKEE -Bizkaian Kirola Ere Euskaraz. Estes datos mostran que na actualidade o 33 % dos deportistas usa o éuscaro e o 63% son bilingües, mentres que no caso dos adestradores/as, utilízano o 36 %.
Fonte: Deia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a XI edición do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2022, que a Xunta de Galicia pon en marcha en concellos e entidades adscritos na Rede de Dinamización Lingüística.
No primeiro encontro presencial despois da pandemia, o Foro da Organización das Nacións Unidas sobre Cuestións Indíxenas reivindicou o dereito dos pobos de diferentes zonas do mundo a aprenderen nos seus respectivos idiomas nativos.
Fonte: Swissinfo.ch
O Forte de Santo Antonio da Barra ou de Salazar, no Municipio de Cascais, albergará o Museo do Mar e da Lingua. O espazo terá unha exposición permanente dedicada á lingua portuguesa.
Fonte: Echo Boomer
O Servizo de Éuscaro impulsa unha liña de axudas destinada á euscaldunización da paisaxe lingüística e da contorna dixital no sector do comercio, hostalaría e servizos de Portugalete e outra liña para a realización de actividades en éuscaro na vila.
Fonte: En Portugalete
O xornal económico catalán VIA Empresa lanza un novo diario económico e empresarial en éuscaro, EnpresaBidea, un xornal dixital feito "en e para" Euskal Herria con redaccións en Bilbao e San Sebastián.
Fonte: Crónica Vasca
O Parlamento aprobou por unanimidade unha proposición non de lei na que se insta a Xunta a impulsar a creación de produtos culturais en galego dirixidos a menores e a poñer en marcha campañas de animación ao consumo da cultura galega entre a infancia e a mocidade.
Esta convocatoria de axudas está destinada ao alumnado que realice e defenda a tese de doutoramento, o traballo fin de mestrado ou o traballo fin de grao en lingua galega. As persoas interesadas recibirán, ademais da axuda económica, asesoramento lingüístico.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O maior uso do éuscaro obsérvase nos colectivos transferido á Administración vasca, mentres que nos colectivos non transferidos o nivel desta lingua continúa a ser baixo. Por territorios, os peores resultados obtéñense en Áraba, onde o 42 % do cadro do persoal conta co perfil esixido, fronte a Guipúscoa, onde esta porcentaxe alcanza o 60 %, ou Biscaia, o 47 %.
Boletín
Subscríbase ao boletín



