Unha mobilización percorreu varias localidades de Iparralde para reclamar que estudantado de diferentes niveis de secundaria poida pasar os seus exames finais en éuscaro.
Fonte: Mediabask
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Unha mobilización percorreu varias localidades de Iparralde para reclamar que estudantado de diferentes niveis de secundaria poida pasar os seus exames finais en éuscaro.
Fonte: Mediabask
A 22 edición da Korrika, carreira de relevos a prol do éuscaro, organizada pola asociación AEK, xa conta con itinerario en Iparralde. Trátase dun percorrido que atravesará o País Vasco francés en dous tempos.
Fonte: Mediabask
A CIG-Ensino e a AS-PG organizan o curso “Deseño e desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística no ensino”, de 30 horas de duración, que impartirá Nel Vidal e que se desenvolverá en liña entre o 4 e o 25 de febreiro.
Fonte: CTNL
O Concello de Donostia, en colaboración con asociacións e entidades vinculadas ao comercio e á hostalería, organiza cursos de éuscaro, de 60 horas de duración, dirixidos aos profesionais destes dous sectores co obxectivo de mellorar a atención á clientela euscalduna.
As universidades de Zaragoza, Pau, País Vasco e Pública de Navarra, e a fundación Elhuyar asinaron un acordo que ten como obxectivo fomentar as ferramentas e as aplicacións tecnolóxicas desenvolvidas ao abeiro do proxecto Linguatec para o aragonés, o éuscaro e o occitano.
Fonte: Universidad del País Vasco
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na Sesión Solemne de apertura do curso 2022 e acto de ingreso dos novos académicos da Academia Xacobea.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O crecente interese que o alumnado mostra pola aprendizaxe do inglés leva a que escolas bilingües de toda Francia teñan dificultades para contratar profesorado de alemán. Un grupo de nais e pais decidiron montar unha axencia de contratación para mitigar este problema.
Fonte: DW
O colectivo a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg (ou Sociedade da Lingua Galesa) publicou un vídeo onde anima a cidadanía galesa a se sumar ao reto de superar o millón de falantes de galés.
Fonte: The National
O tenente de alcalde e a concelleira de Participación reuníronse coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para abordar as distintas accións que o Concello de Lugo está a desenvolver para impulsar o uso da lingua galega no cemiterio.
Fonte: Lugo Xa
Vitoria Ogando e Anxo González, docentes de lingua galega nos institutos Valle Inclán e Sánchez Cantón, recolleron o Premio Cidade de Pontevedra como persoas físicas polo seu traballo a prol da lingua galega como responsables do proxecto ogalego.eu.
Subscríbase ao boletín